AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

O Concello de Lugo ven de publicar a subvención ás familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no Segundo Ciclo de Educación Infantil para o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 1 ao 21 de xuño de 2021. As solicitudes presentaranse, preferentemente, por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica do Concello de Lugo, https://lugo.gal. Opcionalmente poderán presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo.

O único criterio de valoración será a contía da renda anual familiar referida ao IPREM.

Pode atopar toda a información pinchando AQUÍ  ou na web do Concello de Lugo.

Pode descargar aquí a solicitude.

 

AdxuntoTamaño
solicitude_material_escolar_2022-23_galego.pdf167.61 KB