BENVIDO, ENTROIDO!

Chegou o ansiado Entroido e, despois dunha semana de sombreiros, perrucas e orellas de todo tipo; mantelos de mil cores; colares, bufandas, e grabatas; e calcetíns e zapatos do máis curiosos, despedímonos por todo o alto cunha coreografía ao son das Tanxugueiras que todos e todas prepararon con moita ilusión e ganas. 

Aquí vos deixamos o vídeo e unhas cantas imaxes do gran momento. Parabéns a todos e a todas!

Que viva o Entroido e a diversión e... vémonos á volta coas pilas cargadas!