Skip to Content

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Álbum: Curso 2019/2020 -> Dia da Paz

 O 30 de xaneiro  conmemoramos coma sempre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz no pavillón de deportes. Este ano sumámonos á convocatoria da "2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E NON VIOLENCIA"  que invitaba, a través do concello, a todos os centros educativos de A Coruña  a facer a lectura dun Compromiso Ético e a realizar  símbolos  humanos pola Paz e a Non Violencia”. 

Ademáis, o luns 3 de febreiro participamos xunto con outros centros na CADEA HUMANA POLA PAZ no paseo marítimo e promovida polo CEIP Raquel Camacho (máis información no blog  "Rakonto"  de dito centro),  Alí xuntámonos polas mans e fixemos a ola e mostramos a nosa pancarta co lema "XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE". 

BENVIDOS AO NOSO COLEXIO!

Enderezo: Ronda de Outeiro, 211 15007 A Coruña

Teléfono: 881 960 316  

Correo electrónico: ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal

ENTROIDO OLÍMPICO

Álbum: Curso 2019/2020 -> Entroido

O día de entroido o Pavillón encheuse de deportistas desfilando baixo as bandeiras dos seus países. Baixo a dirección de noso mestre de cerimonias, Rafa, disfrutamos da celebración dos nosos "xogos olímpicos" coa súa correspondente inaguración, desfile, bailes e clausura.

Este é o vídeo da clausura, paRa ver os demais vídeos coas diferentes actuacións prema en cada enlace:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

NORABOA ÁS FINALISTAS E GAÑADORA DO CONCURSO DE E. VIAL ANCAS

Álbum: Curso 2019/2020 -> Educación vial. Concurso Ancas

Noraboa ás nenas de 6º polo seus premios no concurso de Educación vial Ancas, a Esperanza Crocetta, gañadora, e a Susana Doldán, Julia Centeno e Sara Fernández., finalistas.

UNHA MAÑÁ NO CPR AS ESCLAVAS

O xoves 19 de decembro os nenos de 6º B vivimos un día moi especial. Fomos ao CPR Esclavas  a desfrutar dunha maña fantástica. Ás 9:30 entrábamos no colexio y recibíannos dun xeito estupendo.

Ás 10:30 dimos a charla sobre os 17 ODS da ONU marcados na axenda 2030. Estivemos moi a gusto, fixémolo fenomenal e os alumnos de 5º y 6º das Esclavas escoitáronnos tan atentamente que aínda no lo fixeron desfrutar máis.

Despois dun breve descanso para recoller todo o das xornadas e preparar o escenario de novo, representamos a obra de teatro Agente Ricitos, adaptación do conto de Miguel López, El  Hematocrítico. Precisamente Miguel foi o noso espectador máis especial.

Sempre dicimos que para que os espectadores o pasen ben temos que pasalo ben no escenario.... pois nos desfrutamolo moitísimo e os alumnos de Esclavas tamén con nós.

Para poñer punto e final a unha mañán especial convidáronnos a uns pinchos e agradecéronnos a visita.

Sen dúbida foi un día moi especial!!

  

         

SAMAÍN E MAGOSTO

Todo o cole disfrutamos moito estas celebracións.  PREMA AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS e prema aqui para ver o pequeno video de 1ºC e aqui para ver o de 2ºC.

Os corredores enchéronse de cabazas decoradas polos nenos coa axuda das súas familias, de murais con bruxas, feitizos, castañas... 

Os nenos disfrazáronse dos seus personaxes terroríficos e non tan terroríficos favoritos, comeron doces de medo e escoitaron contos do Samaín na biblioteca. Os nenos de 6ºB anímaronse cun scape room, que, por certo, lograron resolver (PREMA PARA VER CON MÁIS DETALLE) .

      

Tamén disfrutamos dun magosto xenial: xogos tradicionais e degustación de castañas.

Agradacemos a inestimable colaboración dos pais e mestres asadores!

     

 

CONCURSO DE TORTAS

Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación no concurso.

Aínda que os nenos que fixeron de xuices non tiveron nada doado tomar a decisión, os ganadores foron:

  • Torta sen gluten: Carmen Pérez Rodríguez de 6ºC
  • Andrés Rojas de 1ºB
  • Deborah Monsalve de 2ºB
  • Hugo Carreira de 3ºB
  • Ashley Hernández de 4ºC
  • Miguel Montesinos de 5ºD
  • Elisa Fernández de 6ºC

Noraboa a eles e a todos os participantes!

Podedes ver todos os postres premendo aquí.

CIRCULAR INICIO DE CURSO

Preme neste enlace para acceder á circular de inicio de curso donde está recollida  a información relativa ao centro: Horarios de atención ao púiblico, periodos de vacacións, servicios complementarios, normas...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut