Skip to Content

ENTREGA DE PREMIOS ANCAS NO CONCELLO

Álbum: Curso 2022/23 -> Concurso Ancas

Felicitamos á gañadora e aos finalistas do concurso de Educación vial "Ancas, agora imos andando ao cole". Noraboa a Leila (que ademais gañou a bicicleta do sorteo), a Luis, a Helia, a Mathias e a Dora.

 

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Ecopercusión é unha actividade para sexto de Primaria na que o alumnado aprende a interpretar diferentes ritmos empregando material de reciclaxe.

PLAN DIRECTOR DA POLÍCIA NACIONAL

Esta semana recibimos a visita dos axentes da Policía Nacional Abraham Arruñadas e Jose. Aos alumnos de 5º  faláronnos do acoso escolar e aos de 6º das novas tecnoloxías e do uso responsable da internet, das precaucións na utilización das redes sociais. Aprendimos moito.

   

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Como conmemoramos esta data? Achégate á biblio de Maruxa. (prema sobre a foto)

Aproveitamos para felicitar ás profesoras Natuska e Pili e aos seus alumnos de 3ºB e 6ºC do curso anterior  polo premio acadado na  "XII Edición Premio Nacional para el desarrollo Vicente Ferrer" na modalidade individual da convocatoria, coa súa experiencia educativa "Un libro en blanco"   NORABOA!

MAGOSTO

Álbum: Curso 2022/23 -> Magosto

Hoxe celebramos a festa do Magosto. Comimos castañas a encher grazas a  Sergio e Gonzalo, os nosos castañeiros favoritos. Tamén disfrutamos dos xogos que nos prepararon os profes Marta, Pili e Pepe.

Grazas a eles e a todos os alumnos e alumnas do centro, aos profes, aos coidadores e ás nais Bárbara e Ana, disfrutamos dunha xornada xenial.

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS E ENKI

Vaia semaniña de Samaín! Contos, corredores arrepiantes, cabazas, manualidades, disfraces e merendas terroríficas.

O equipo da biblioteca de Maruxa cóntanos todo neste vídeo. Non deixes de visitar o blogue!!!

SAMAÍN NO CEIP SAGRADA FAMILIA ( A CORUÑA) de bibliomaruxa

E xa podedes ver un video cun pequeno resumo da carreira ENKI premendo sobre a foto inferior ou neste enlace

ULTIMAS NOVAS

O venres 21 de outubro todo o colexio participou na carreira ENKI. Pasámolo de marabilla con todas as actividades que os profes de E. Física, Pilar e Pepe, prepararon coa axuda das nais do ANPA. Cando estea o vídeo publicarémolo.

Xa hai un mes dende que Maruxa abriu as portas da sua biblioteca. Podedes seguir as suas aventuras clicando sobre a foto ou no enlace sobre blogue

 

Ademais xa estámos preparando o Samaín e as nais do ANPA están decorando os corredores cunha ambientación terrorífica.

                                            

GALA VERMIÑOCAS

Álbum: Curso 2021/2022 -> Gala Miñocas

O día 14 de xuño celebramos no cole a GALA VERMIÑOCA POR UN MUNDO MELLOR.

Esta gala foi o broche final do proxecto no que estivemos traballando durante este curso os

VERMIÑOS de 3ºB e as MIÑOCAS de 6ºC: CINEMA NA ESCOLA. Neste proxecto creamos un

corto :UN LIBRO EN BRANCO , e decidimos expresar todo o vivido a través desta gala.

CORTO DE CINEMA NA ESCOLA – UN LIBRO EN BRANCO - https://youtu.be/fp7LEgzSfYg

Deixámosvos o video da GALA AO COMPLETO para que disfrutedes como nós o fixemos:

https://youtu.be/hg2ysEI1lGk

MAKING OF - https://youtu.be/rzqhac_9KSI

SAÚDOS ESPECIAIS - https://youtu.be/Yz7Uxrc3Dgo

Aquí vos amosamos unhas fotos como resumo dese dia tan especial para vermiños e

miñocas.

A RUTA DA AUGA. 3º E. PRIMARIA

Álbum: Curso 2021/2022 -> A ruta da auga 3ºE.P.

EXHIBICIÓNS DE TAEKWONDO E CONTACONTOS

Álbum: Curso 2021/2022 -> Exhibición de Taekwondo

Prema sobre o álbum para ver as fotos

Queremos agradecer ás familias a colaboración e participación en actividades no centro durante o mes de maio. Para nós é algo moi importante, non tanto como o orgullo e satisfacción dos seus fillos e fillas ao ver que os seus pais e nais compartían o seu tempo cos seus compañeiros.

Así queremos agradecer a Tania e Dani, antigos alumnos e pais de Aldara, Erea e Xabi, as exhibicións de taekwondo que fixeron durante toda unha semana; e aos pais de Alicia, Gabriel, Amaia, Lía, Ainhoa, Tania, Pedro e Iria, Martín, Katia, Marvi e Inés as sesións de contacontos na biblioteca da Bruxa Maruxa.

 Neste enlace ao blogue da biblioteca podedes ver as fotos desta actividade de contacontos en familia.

¡GRAZAS POR TODO!

Distribuir contido


by Dr. Radut