Skip to Content

APRENDENDO MÚSICA E DANZA GALEGA

Os alumnos de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria bailamos a canción de Terra do grupo Tanxugueiras. Grazas a profe Pili por ensinarnos a coreografía.

Ademáis o alumnado de 3° participou a semana pasada nun obradoiro dentro do programa "Falamos" do Concello: OS NOSOS ILUSTRES INSTRUMENTOS.

A ilustración e a nosa música tradicional xuntáronse nun obradoiro moi especial. Juan ensinounos diferentes instrumentos tradicionais e Laura deulles vida a eses instrumentos coas súas ilustracións. Os nenos e nenas tamén ilustraron os  instrumentos que máis lles gustaron.

 
   

 

 

PREMIO CINEMA NA ESCOLA

Os alumnos de 6ºC coa colaboración dos de 3ºB e baixo a dirección das profesoras Natuska e Pili, participaron no concurso "Cinema na escola". Conseguiron o premio do público. Noraboa!!!

Neste vídeo pódese ver o resumo.

Para coñecer todo con máis detalle transcribimos a descrición feita pola profesora Natuska:

"GALA CINEMA NA ESCOLA"

 OS VERMIÑOS DE 3º B E AS MIÑOCAS DE 6ºC PRESENTAN...

        UN LIBRO EN BRANCO  

Os VERMIÑOS de 3ºB colaboraron coas MIÑOCAS de 6ºC no proxecto CINEMA NA ESCOLA(promovido poloConcello da Coruña), e que traballamos durante todo o curso xunt@s.

O día 12 de maio celebrouse no centro Ágora a GALA DE CINEMA NA ESCOLA 2022 e disfrutamos dunha tarde moi especial.

Gañamos o PREMIO DO PÚBLICO e ademais destacaron o noso traballo no cole cos ODS marcados na Axenda 2030.

Deixámosvos unhas fotos
para que vos fagades unha idea da tarde de emocións vividas.

A MIÑOCA ASHLEY E O VERMIÑO JULIÁN  RECOLLERON O PREMIO...

              

SUBIMOS TODAS AS MIÑOCAS E OS VERMIÑOS

AO ESCENARIO PARA CELEBRALO

 POSAMOS NA ALFOMBRA VERMELLA
   

CELEBRAMOS COASFAMILIAS Á SAÍDA

          AS PROFES TAMÉN POSAMOS
                            
ASÍ DE LINDO FOI O PREMIO RECIBIDO

  PERO O MÁIS LINDO FORON TODAS AS EXPERIENCIAS

   E  EMOCIÓNS VIVIDAS AO LONGO DO PROXECTO

    


                          

 

        

 

CONCERTO "EL VIAJE DE WALT"

Álbum: Curso 2021/2022 -> Concierto " El viaje de Walt"

Todos o alumnado de 3º ata 6º de E.P. disfrutamos moitísimo có concerto "El viaje de Walt" no Palacio da Ópera.

1º NA CASA DAS CIENCIAS

Álbum: Curso 2021/2022 -> 1º EP na Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de 1º de EP visitamos a Casa das Ciencias e o planetario. Despois disfrutamos da merenda ao aire libre e os columpios do Parque Santa Margarita

"ESPERTANDO OS SENTIDOS"

Álbum: Curso 2021/2022 -> 3 anos no Santa Margarita

Os nenos e nenas de 3 anos disfrutamos moito có itinerario de educación ambiental do concello "Espertando os sentidos" no parque Santa Margarita.

 

ENTROIDO 2022 "UNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO DOS CONTOS"

Aquí temos o vídeo da festa de Entroido deste ano. Tedes que perdoar o retraso pero foi complicado podelo compartir.

Antes de nada agradecer a toda comunidade educativa a súa colaboración e en especial ao profe Rafa por facer esta montaxe e ao noso amigo Borja Seoane por facer as fotos có dron.

Para poder velo prema sobre a imaxe.

XUNTOS POR UCRAÍNA

 Toda a  comunidade educativa do cole preparou unha campaña de recollida de alimentos, produtos sanitarios e efectivo para, unidos ao Banco de alimentos de A Coruña, apoiar a todas as persoas que  están pasándoo tan mal como consecuencia da guerra en Ucraína.

Entre todos xuntamos 310 K/L y 622 euros. Pincha para ver o vídeo resumo

Ademais o Judo Clube Coruña, uniuse á causa impartindo un curso de defensa persoal para familias e profes, aportando a totalidade da recaudación das inscricións cun total de 130 euros.

A clase foi un éxito, tal como pódese apreciar nestes dous vídeos

                        

  Todas as imaxes están na galería

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DO COVID-19. XANEIRO 2022

 Resumo das recomendacións  no ámbito educativo

1. Ventilación de espazos.

2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria

3. Uso obligatorio de máscara  no transporte. 

Recoméndase o uso da máscara:

• A persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.

• A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de

alta incidencia comunitaria.

• A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de

Covid-19.

PREME AQUI PARA VER TODA A INFORMACIÓN  

VISITA AO MUNCYT

Os días 27 e 28 de xaneiro, os alumnos de quinto de primaria realizaron unha visita ao MUNCYT. 

Percorreron distintas salas do museo: pasárono moi ben na sala Iberia onde subiron á cabina do avión "Lope de Vega", que trouxo o "Guernica" a España. Ademáis fixeron un  percorrido polos inventos do século xx: lavadora, teléfono,coche... para rematar cun tobradoiro sobre a luz con experimentos moi instructivos e divertidos.

   
 
Distribuir contido


by Dr. Radut