Skip to Content

EXHIBICIÓNS DE TAEKWONDO E CONTACONTOS

Álbum: Curso 2021/2022 -> Exhibición de Taekwondo

Prema sobre o álbum para ver as fotos

Queremos agradecer ás familias a colaboración e participación en actividades no centro durante o mes de maio. Para nós é algo moi importante, non tanto como o orgullo e satisfacción dos seus fillos e fillas ao ver que os seus pais e nais compartían o seu tempo cos seus compañeiros.

Así queremos agradecer a Tania e Dani, antigos alumnos e pais de Aldara, Erea e Xabi, as exhibicións de taekwondo que fixeron durante toda unha semana; e aos pais de Alicia, Gabriel, Amaia, Lía, Ainhoa, Tania, Pedro e Iria, Martín, Katia, Marvi e Inés as sesións de contacontos na biblioteca da Bruxa Maruxa.

 Neste enlace ao blogue da biblioteca podedes ver as fotos desta actividade de contacontos en familia.

¡GRAZAS POR TODO!



album | by Dr. Radut