Skip to Content

PREMIOS CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2023/24 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º de E.P. e as profes Yaiza, Pili e Ana polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto "A substituta". Tamén agradecer a Hugh toda a axuda e formación prestada.

Premios:

  • Mellor curtametraxe
  • Mellor interpretación
  • Mellor  son
  • Mellor fotografía
  • Segundo premio edición e montaxe

Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello. 

 

CINEMA NA ESCOLA. CONCURSO DE CORTOS

O alumnado de 6º participa no Concurso organizado polo concello,"Cinema na escola" co curto "A substituta"

Non te esquezas de darlle ao "Me gusta" (cantos máis teñamos, máis opcións temos de gañar premios) 

COMPARTE COS FAMILIARES E AMIGOS! 

PATIOS INCLUSIVOS

O alumnado de 1º de E.P. coa colaboración de varios nenos e nenas de 6º comezaron cos xogos de recreo inclusivos. Estes terán lugar os venres e irán rotando tódolos grupos.

ESCRITORES NA BIBLIOTECA

Estes días poidemos coñecer os autores e autoras dos libros que estamos a ler no Plan lector. Contáronnos moitas cousas sobre como escribiron as historias e ademáis asináronnos os libros.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO ESCOLAR 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024- 2025

Comeza o proceso para a presentación de solicitudes de admisión para o noso centro.

Información básica:

QUE NORMATIVA O REGULA?

- Decreto 13/ 2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

CAL É O PRAZO?

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo ( ambas inclusive).

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR?

• A solicitude: ED550B para descargala poden pulsar os seguintes enlaces:

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁN

• Documento acreditativo de representación: o DNI/NIE/ PASAPORTE ou copia e orixinal do libro de familia. 

• En caso de separación ou divorcio , sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

- Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, e asinala na Sede electrónica , coa Chave 365 ou certificado dixital.

 - Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00. 

DISPOÑEN DUN MANUAL NESTE ENLACE: MANUAL PARA AS FAMILIAS

- Cubrir manualmente a solicitude ( ou ben descargándoa ou ben recolléndoa na Secretaría do colexio) e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN NO CEIP SAGRADA FAMILIA?

(Poderán ser modificadas seguindo os dictames da comisión de escolarización)

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL (nacidos no 2021) : 34 + 6 * NEAE

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2020): 8

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2019): 2

- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA ( nacidos no 2018): 3 +5* NEAE

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA (nacidos no 2016): 1

*NEAE: As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado

 UNHA VEZ PRESENTADA A MIÑA SOLICITUDE CAL É O CALENDARIO A SEGUIR?

Publicación da listaxe provisional de admitidos-as: 25 de abril

Publicación da listaxe definitiva de admitidos-as: 15 de maio

Formalización da matrícula no centro dos admitidos-as :20 ao 30 de xuño

PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE:

  Máis información sobre o centro e Educación infantil neste enlace

 

ADMITIDOS IES URBANO LUGRÍS

Comunicamos que todo o alumnado de 6º de E.P. que solicitou praza para 1º da ESO no IES URBANO LUGRÍS obtivo praza no mesmo.

No mes de xuño deberán formalizar a matrícula no IES. Avisarémolo dende o colexio.

ENTROIDO 2024

Álbum: Curso 2023/24 -> Entroido

Imos de troula polo entroido galego. Con Pili e Rafa comezamos a viaxe en Salcedo (Lugo) para ver os Osos de Salcedo, de ahí imos a Laza (Ourense) cos Peliqueiros. Seguimos ruta a Cobres (Pontevedra) cos Madamas e Galáns e rematamos no barrio de Montealto de Coruña cos Choqueiros.

O MECO MANDA

COMEZA O ENTROIDO!

O meco manda, o meco ordena e se non o cumpres pagarás condena. Se ao meco non queres angustiar, o luns algo na cabeza tes que levar.  O martes traerás no pescozo algo quente. O mércores todos temos que vir cos pés quentiños e con cadanseu calcetín, pero por riba do pantalón terán que vir. O xoves traerás todo xunto.   

O 30 de xaneiro, Dia escolar da paz e non violencia, todo o colexio disfrutamos da actuación "Canto contigo" de Paco Nogueiras no pavillón. Todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan".

   
Distribuir contido


by Dr. Radut