Skip to Content

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

O útimo día de curso despedimos ao alumnado de 6º que remata a etapa no noso centro para seguir cursando os seus estudos no  IES As Ínsuas.

Foi un acto moi emotivo no que non só recibiron o recoñecemento de toda a comunidade educativa, senón que nos deleitaron con unha fantástica actuación circense.

A todos eles e elas, unha vez máis: Moita sorte nesa nova etapa e ata pronto!

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 23-24

No adxunto podedes descargar a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso 23-24.

AdxuntoTamaño
Libros de texto 23-24.pdf3.95 MB

CALENDARIO FONDOLIBROS E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 23-24.

 PRAZOS ESTABLECIDOS PARA FONDOLIBROS

 

  • Pubilicación listaxes provisionais: 4 de xullo.
  • Días de reclamación ás listaxes provisionais: 5-6 de xullo.
  • Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo.
  • Entrega de libros: no mes de setembro (avisarase).

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)

 

Entrega de vales o VENRES 7/07/23: Para o alumnado que cursará 1º, 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.

 

  • 1º: 10:30-11:00
  • 2º: 11:00-11:30
  • 3º: 11:30-12:00

 

Entrega de vales o LUNS 10/07/23: Para o alumnado que cursará 4º, 5º e 6º DE ED. PRIMARIA:

 

  • 4º: 10:30-11:00
  • 5º: 11:00-11:30
  • 6º: 11:30-12:00

 

DOCUMENTACIÓN DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS E CAMBIO DE OPCIÓN RELIXIOSA

IMPORTANTE: Entregar só si hai algún cambio de cara ao vindeiro curso 2023-2024

Nos adxuntos podedes descargar os seguintes documentos:

- Cambio de opción relixiosa/non relixiosa.

- Folla de actualización de datos persoais.

 

O prazo para facer os cambios comeza o día 14 de xuño e remata o día 20 de xuño.

 

A documentación será entregada ao titor/a do grupo.

AdxuntoTamaño
Actualizacion datos.pdf71.39 KB
SOLICITUDE CAMBIO DE OPCIÓN RELIXIOSA 23.pdf92.96 KB

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Para o alumnado...:

- Que inicia a escolarización en 4º de Ed. Infantil.

- Que inicia a etapa procedente do centro adscrito (unitaria).

- Que cambia voluntariamente de centro.

 

PRAZO: DO 20 AO 30 DE XUÑO (previa cita no teléfono: 881866814)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Impreso oficial (Anexo III-1). (pode descargarse no adxunto).

- Folla de actualización de datos (pode descargarse no adxunto).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

- Fotocopia do libro de familia (non entregar si xa se fixo no momento da admisión).

- Fotocopia dos DNI de ambos proxenitores.

- 2 fotos tamaño carné.

- Outra documentación, de ser o caso: Sentenza, convenio regulador,...

- Informe de NEAE, de ser o caso.

 

IMPORTANTE: Requírese instalar abalarMobil por ser a principal vía de comunicación do centro coas familias.

AdxuntoTamaño
Formalización matrícula Infantil-1.pdf881.97 KB
Formalización matrícula Primaria.pdf1.07 MB
Actualizacion datos.pdf71.39 KB
CARTEL_MATRÍCULA.pdf174.39 KB

Interpretando a canción "Que me quiten lo bailao"

O alumnado de 4º de Ed. Primaria quixo facerlle unha homenaxe á cantante Lucía Pérez, versionando a canción "Que me quiten lo bailao" coa que a artista representou a España no festival de Eurovisión.

Para elo empregaron a nova de gravación, vinculada á biblioteca escolar.

Deixámosvos aquí o enlace para que os poidades escoitar.

https://www.youtube.com/watch?v=Vq-H9_oAQog&feature=youtu.be

 

 

Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024

O prazo de presentación comeza o día seguinte desta publicación no DOG (20 de maio) e remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Na seguinte ligazón pódese acceder á Orde e Anexos da convocatoria.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Achegamos información de interese:

- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Só para o alumnado de Ed. Primaria.

- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 1º E 2º de Ed. Primaria e NEAE*

- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (préstamo): 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º non procede por estar en E-Dixgal, onde se facilitan libros dixitais).

IMPORTANTE:

É obrigatorio solicitar cita previa para presentar a documentación de xeito presencial, no teléfono:881866814

A documentación requerida é a seguinte:

-Anexo I e II.

-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio: sentenza e/ou convenio regulador.

-Execpcionalmente poderá acreditarse o número de membros computables a través dun certificado ou volante de convivencia, ou informe dos servizos sociais.

 

Nota aclaratoria: O alumnado que remata 6º de Ed. Primaria este ano, terá que solicitar a información no IES no que se matriculou para o vindeiro curso.

 

*Véxanse requisitos na convocatoria.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024- LISTAXES DEFINITIVAS

Todo o alumnado que solicitou praza no proceso de admisión, resultou admitido.

As listaxes están publicadas no taboleiro interior do centro.

Matrícula: do 20 ao 30 de xuño. Publicarase na web a documentación necesaria antes do comezo do proceso.

ESCOLA DE FAMILIAS- ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL CO MÉTODO EN SUS ZAPATOS

Os vindeiros día 11/05/23, 15/05/23, 25/05/23 e 1/06/23 levarase a cabo a Escola de familias que está organizada pola ANPA do centro en colaboración co CAFI. O horario da formación será de 17:30 a 19:30 e o lugar, a Biblioteca do centro.

A ANPA informa que, para as familias que o desexen, a asociación, porá servizo de atención aos nenos/as que estarán a cargo dunha persoa da ANPA. 

Durante estas 4 sesións, todas as persoas asistentes aprenderán de xeito práctico, guiados pola especialista Susana Vales Cancela, profesional que emprega o "Método de alfabetización emocional "En sus zapatos". 

Para máis información sobre o método, podedes ollar a infografía adxunta.

AdxuntoTamaño
ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL CO MÉTODO EN SUS ZAPATOS.pdf71.64 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut