PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS 21-22

Con data de hoxe, facemos pública a listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-22 cuxas solicitudes foron dentro do prazo ordinario.
A publicación faise segundo a normativa:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 24 DE FEBREIRO DE 2021

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-22

O día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado en centros educativos. Aquí aportamos a información necesaria:

NORMATIVA REGULADORA:

  •  DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

OFERTA DE PRAZAS:

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º de Ed. Infantil (1 unidade) - 22 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais

5º de Ed. Infantil (1 unidade) - 13 vacantes

6º de Ed. Infantil (1 unidade) -  6 vacantes

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1º de Primaria (1 unidade) - 8 vacantes + 3 reservadas para alumnado con necesidades especiais.

2º de Primaria (1 unidade) - 6 vacantes

3º de Primaria (1 unidade) - 12 vacantes

4º de Primaria (1 unidade) - 8 vacantes

5º de Primaria (1 unidade) - 5 vacantes

6º de Primaria (1 unidade) - 9 vacantes

 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

 

 As solicitudes poderanse presentar desde o 1 ata o 22 de marzo, inclusive.

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación admisionalumnado, seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual solicitando un impreso no centro educativo ou descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados na secretaría do colexio.

 

AXUDAS: MANUAL PARA AS FAMILIAS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

 

  • Impreso de Solicitude Oficial (Anexo II) pódese descargar desde esta ligazón.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

ENTROIDO ESPECIAL 2021

ENTROIDO 2021

RESERVA DE PRAZA

 

O alumnado de 6º de primaria que pretenda continuar os estudos de secundaria no centro de adscrición correspondente, neste caso, o IES "AS INSUAS",  deberá presentar no centro de orixe (é dicir, no noso centro CEIP PLURILINGÜE "RICARDO TOBÍO") o modelo que se achega, dende o 11 de xaneiro ata o día 8 de febreiro (inclusive).

ANEXO I - Reserva de praza

ANEXO I - Reserva de praza (cast)

 

Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 

Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS

INFORMACIÓN IMPORTANTE

TITORIAL AULA VIRTUAL PARA AS FAMILIAS

Participación no procedemento de distribución de máscaras. - XUNTA DE GALICIA

Obxecto

A presente orde ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para que os centros docentes públicos dependentes desta consellería e os centros privados concertados distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/21.

 

A quen vai dirixido?

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Prazo

16/11/2020 - 27/11/2020

 
 

Documentación para a presentación

Presentación de solicitudes .

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Documentación complementaria .

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.

2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Comprobación de datos .

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) DNI ou NIE da persoa representante do/a solicitante.

c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2018, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

d) Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

e) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.

En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2018.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro docente. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

 

Ligazón ao DOG:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

Documentos Covid

Distribuir contido