Skip to Content

A Biblioteca Mestre Agrelo, Radio na biblio

RADIO NA BIBLIO

Desde o curso 2017-2018 formamos parte do proxecto Radio na Biblio. Cada curso realízanse obradoiros de radio e contamos con un espazo adicado a elaboración de producións sonoras no que alumnado crea programas de entrevistas, recomendacións lectoras, noticiarios,... A nosa radio ten por nome “Radio Laretas” e os podcasts elaborados poden lerse nesta canle de Ivoox. https://www.ivoox.com/escuchar-audios-radio-laretas_al_10638833_1.html?show=programs

A BIBLIOTECA

BIBLIOTECA MESTRE AGRELO

 

A biblioteca do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío leva este nome para homenaxear a Xosé Agrelo Hermo, mestre e escritor nacido en Noia que impartiu docencia neste colexio durante varios anos.

Esta biblioteca leva integrada no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) desde o curso 2008/2009.

A biblioteca foi renovada no curso 2020-2021 e conta con un espazo de lectura informal, unha zona para a realización de actividades grupais, consulta de información e e un recanto creativo na súa entrada.

Nela poden atoparse libros de ficción divididos en catro apartados: infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. Conta con seccións de poesía, cómic, teatro, inglés, atención a diversidade, revistas, material audiovisual... Existe tamén unha sección destinada ás familias.

O espazo dos libros de consulta é amplo e pódense atopar libros de ciencias naturais, sociais, tecnoloxía, arte, filosofía, historia, enciclopedias,…

En total os fondos ascenden a máis de 6.500 exemplares.Tamén dispoñemos de tablets e dispositivos electrónicos para a lectura (e-books).

O alumnado do centro pode disfrutar do servizo de préstamo a través dos seus carnés da biblioteca. A escola infantil situada nas proximidades do centro tamén fai uso do servizo de préstamo.

Entre o alumnado de 5º e 6º crease unha comisión de axudantes de biblioteca que colaboran nas tarefas de organización da biblioteca e fomento da lectura.

A biblioteca é o motor do centro. Todos os anos impulsa un proxecto integral documentado no que se implican todas as aulas do centro.

Entre as actividades de fomento de lectura que se levan a cabo na biblioteca destacamos as mochilas viaxeiras, os contacontos entre alumnado, as que se celebran coincidindo con conemoracións como o Samaín, o mes da ciencia, o día da Poesía, Letras Galegas,…

A biblioteca edita guías con recomendacións de lecturas coincidindo coas datas de Nadal e antes das vacacións de verán . Para favorecer a difusión das actividades realizadas pola biblioteca e dar a coñecer os seus fondos empregase o blog www.bibliotecamestreagrelo.wordpress.com

Desde o curso 2017-2018 formamos parte do proxecto Radio na Biblio. Cada curso realízanse obradoiros de radio e contamos con un espazo adicado a elaboración de producións sonoras no que alumnado crea programas de entrevistas, recomendacións lectoras, noticiarios,... A nosa radio ten por nome “Radio Laretas” e os podcasts elaborados poden lerse nesta canle de Ivoox. https://www.ivoox.com/escuchar-audios-radio-laretas_al_10638833_1.html?show=programs

 

 

MURGAS PARA O ENTROIDO

1820H3Está moi próxima a festa do Entroido, época troula, disfraces, orellas, filloas, e MURGAS.

Desde o equipo de Biblioteca queremos solicitar, un ano máis, a vosa colaboración para a creación de pequenas murgas en familia.

Estas deberán ser orixinais e tratar algún tema de actualidade ou de interese para a comunidade educativa. Debedes indicar, tamén, a música que as acompañaría.

O prazo para entregalas remata o venres 29 de Xaneiro.

Serán interpretadas o venres 5 tras o desfile de Entroido.

Recordade que  é unha actividade voluntaria pero moi interesante.

Animámosvos a participar!

UN PASEO POLA HISTORIA

 

 

No cole, levamos varios cursos cun proxecto plurianual titulado "UN PASEO POLA HISTORIA", que está sendo todo un éxito.

Hoxe, presentamos unha nova etapa deste proxecto que nos fai moita ilusión e coa que nos imos volcar con moitas gañas.

Para empezar, Miguiña, a nosa mascota da Biblioteca Escolar MESTRE AGRELO, fainos unha preguntiña coa que empeza todo.

Pouco a pouco irémonos metendo nun mundo cheo de maxia. Querédes acompañarnos?

CONTOS DO PREMIO MESTRE AGRELO 2014

 

Pinchando na imaxe poderemos acceder a todos os contos presentados na última convocatoria do Premio Infantil de Contos "Mestre Agrelo" 2014. Esperamos que vos gusten.

VI MARATÓN DE LECTURA

Aproveitando este 23 de abril (Día do Libro), inauguramos no Colexio as VI Xornadas do Maratón de Lectura, que todos os anos celebramos na Biblioteca.

Durante tres días (23, 24 e 25 de abril), o espazo da Biblioteca estará a disposición do alumnado, familiares e todo aquel que queira disfrutar dun momento de lectura, como lector ou como oínte.

O horario será de 16'30 a 18'30 e para participar como lector ou lectora, a persoa deberase anotar no mural destinado ao efecto no corredor do Colexio.

Animádevos.

CHARLA CON FINA CASALDERREY

 

Calquera que escoite falar a Fina, queda abraiado mirando para ela, coa mente totalmente relaxada. A sensación de paz que inspira é impresionante. As súas historias, a súa implicación coa escola, a súa experiencia vital non deixa indiferente a ninguén.

Cando volvamos a ler outro libro teu, QUEREMOS QUE VOLVAS !!!

 

 

UNHA VISITA DE LUXO

Hoxe temos o gran privilexio de recibir a visita dunha das grandes escritoras da literatura en galego, como é Fina Casalderrey. Nestes intres está reunida cun grupo de nenas e nenos de 6º de primaria, falando sobre o libro que leron. Ao remate, publicaremos algunhas fotos do encontro.
 
Podedes visitar a súa páxina web, pinchando neste enlace.
Distribuir contido


by Dr. Radut