Actividades

LETRAS GALEGAS 2022

O pasado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas e, como non podía ser doutro xeito, celebrámolo tamén no noso colexio. Este ano dedicouse ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e no centro decidimos facer uns murais inspirados nalgúns dos poemas que escribiu, relacionados coa nosa terra, as súas paisaxes e as nosas festas tradicionais.

 

Aquí tedes os nosos traballos, así como os poemas nos que nos baseamos para confeccionalos. Esperamos que vos gusten!

 

 

DÍA DO LIBRO

Coma todos os anos, este curso celebramos no centro o Día do Libro. Nesta ocasión as actividades que realizamos para conmemorar esta data foron dúas.

Por unha banda, decoramos e personalizamos uns marcadores que nos servirán cando realicemos o empréstito de libros na biblioteca.

Polo outro lado, escollemos e levamos como agasallo para a casa libros que xa non usamos na biblioteca para darlles unha segunda vida.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste!

 

 

REVISTA ESCOLAR 2020 - 2021

Aquí tedes a nosa revista do pasado curso 2020 - 2021, na que vos queremos amosar moitas das actividades que realizamos no colexio. Grazas a todas e todos por participar.

Esperamos que vos guste!

 

Os traxes tradicionais

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria queremos mostrarvos a nosa investigación e participación nesta longa e emocionante aventura que durante este curso está levando a Nicoleo de viaxe por todo o mundo e que está a piques de rematar. Coa nosa aportación poderedes coñecer os traxes tradicionais de diferentes países, así como os seus nomes e prendas que os compoñen. Esperamos que vos guste!

 

 

BAILAMOS CON NICOLEO

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PARTICIPARON NO PROXECTO DO CENTRO "DE VIAXE CON NICOLEO",A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA,  E QUEREMOS COMPARTIR UNHA MOREA DE EXPERIENCIAS CON TODOS VÓS.AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS QUE FIXERON POSIBLE QUE ESTE PROXECTO FORA POSIBLE.

"As Linguas das Viaxes de Nicoleo"

Aquí vos compartimos a nosa colaboración có proxecto da Biblio sobre as Viaxes de Nicoleo. Este proxecto forma parte, á vez, doutro de radio escolar que desenvolvimos na clase de 5º de primaria durante o 2º e 3º trimestres, esperamos que vos guste!!! (Moitas grazas a todas as familias que aportaron o seu gran de area)

Unha viaxe pola historia

Ola nenas e nenos! Somos a clase de 4º de primaria. Neste traballo imos amosarvos monumentos da historia en Galicia e Portugal por se queredes viaxar alí para coñecer algúns detalles que nos deixou a historia. Eliximos este tema porque cremos que podedes ver sitios novos e coñecer distintos lugares.

MONUMENTOS DO MUNDO

Os compañeiros e compañeiras de 3º de Educación Primaria queremos amosarvos a nosa aportación a esta interesante viaxe que estamos a compartir con Nicoleo para levarvos a percorrer o mundo a través dos seus impresionantes

Unha Guía de Viaxe para Nicoleo

As alumnas de relixión de 6º de Educación Primaria  queremos amosarvos unha sinxela guía de vaxe que elaboramos para axudar a Nicoleo nesta aventura que a penas acaba de comezar.

UNHA VIAXE POLO ESPAZO

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria queremos amosarvos un proxecto que pretende sorprendervos cunha chea de experiencias, investigacións, actividades... A primeira parada na viaxe de Nicoleo. Unha aventura que quere facernos coñecer un pouco mellor o Espazo antes de aterrar no Planeta Terra e comezar a percorrer países, arte ou tradicións.

Distribuir contido