Animación á lectura
BookFluencers
Enviado por musicomiserable o Xov, 22/12/2022 - 05:24Benvidos ao clube máis xenial de todos os clubes: Bookfluencers!!! Neste espazo compartimos a nosa paixón polos libros e a lectura, ademais das novas da biblio,celebracións e moitas cousas máis.
Conmemoración 25 N: "Superlola"
Enviado por musicomiserable o Lun, 12/12/2022 - 08:30O día 25 de novembro festexamos no colexio o día contra a violencia de xénero lendo un conto entre todos os membros do clube Bookfluencers, isto e algunhas cousiñas más vos agardan neste episodio.
Bookfluencers: EP 4 " A NOVA BIBLIO"
Enviado por musicomiserable o Mar, 15/11/2022 - 05:31Seguimos adiante có clube de lectura "Bookfluencers", neste caso as alumnas de 6º presentan a nova Biblio, máis as novidades deste ano, e farán unha pequena entrevista a Nicoleo. No vos perdades detalle e lembrade vir a biblio!
Recomendacións lectoras
Enviado por bertagrueiro o Lun, 20/06/2022 - 08:05Achégase a época estival para relaxar e desfrutar do tempo de ocio. Por iso, queremos compartir con vós unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar moi bos momentos.
ANIMACIÓN Á LECTURA
Enviado por lauracabarcos o Ven, 25/02/2022 - 06:32O pasado 23 e 24 de Febreiro os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de realizar unhas divertidas actividades de animación a través de tres títulos que potenciaron unha vez máis o noso amor polos libros.
Nestas xornadas e da man novamente de Vicky, descubrimos como interpretar os roles de inxeniosos personaxes beneficiándonos de tódolos tesouros que a lectura nos ofrece.
ANIMACIÓN Á LECTURA: "O LOBO RAMÓN"
Enviado por lauracabarcos o Sáb, 20/02/2021 - 14:37O pasado 11 de Febreiro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha divertida actividade relacionada co libro de María Canosa: “O lobo Ramón”.
REGÁLANOS UN CONTO
Enviado por lauracabarcos o Lun, 01/02/2021 - 15:04Chegou o momento de compartir con vós este fermoso agasallo co que ALGUNHAS FAMILIAS E NEN@S converteranse nos vindeiros días en »
Carta de Nicoleo polo Día do Libro
Ola nenos e nenas!
Como levades este tempiño na casa? Xa non queda nada para poder saír e vernos de novo. Mentres tanto estou seguro de que todos confiades na eficacia dos libros para poder viaxar, vivir aventuras, coñecer personaxes singulares e historias inesquecibles... A que si?
Pois estou desexando saber cales son eses libros marabillosos que vos acompañan na casa. Esta semana celebramos o Día do Libro. Como non podemos vernos e intercambiar lecturas, como sempre, fagamos algo que nos permita ver cal é o libro que limos xa mil veces, pero nos segue encantando, o libro que descubrimos estes días e queremos compartir, o libro que estamos desexando ler, pero non temos aínda a idade necesaria...
Collede ese libro e posade para unha foto con el. Esa foto ten que ser en horizontal e llela mandades á vosa titora ou titor e logo, cun pouco de maxia, farei algo bonito no que todos nos podamos ver amosando as nosas lecturas. Data límite de envío: venres 24
Quedade na casa e non deixedes de ler. Estádelo facendo moi ben.
Un bico.
Nicoleo