8M

ESTE VENRES CELEBRAMOS NO CENTRO O 8M CUN MURAL DUNHA MULLER VESTIDA CUNHA SAIA, ESA SAIA ESTABA FORMADA POR FOTOS DE MULLERES RELACIONADAS CO MUNDO DAS BELAS ARTES E TAMÉN FIXEMOS UN PROGRAMA DE RADIO ONDE FALAMOS DESAS MULLERES EMPRENDEDORAS RELACIONADAS COAS DIFERENTES MODALIDADES ARTÍSTICAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

8M DÍA DA MULLER de maria

Episodio Especial: 8M Día da Muller!!

Todos os alumnos e alumnas do cole quixemos homenaxear a mulleres importantes. Unímonos en torno á radio para facer chegar á nosa mensaxe a todas. Esperamos que vos guste o episodio, e feliz día da muller a todas!!!

NO PONTE DE XUVIA RECICLAMOS ACEITE!

A partir de hoxe poderedes atopar no patio do centro, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 DE FEBREIRO DE 1837 NACEU ROSALÍA DE CASTRO, ESCRITORA E POETA GALEGA, CONSIDERADA A MÁIS ILUSTRE FIGURA DA LÍRICA MODERNA, E PRINCIPAL RESPONSABLE DE REXURDIMENTO GALEGO XUNTO CON EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ.

DENDE O EDLG DO CENTRO, EN COLABORACIÓN CON TODO O EQUIPO DOCENTE, NENOS E NENAS QUEREMOS RENDIRLLE ESTA PEQUENA HOMENAXE.

AGRADECEMOS A RADIO PONTE A CESIÓN DO SEU PROGRAMA ESPECIAL CON MOTIVO DO NACEMENTO DE ROSALÍA.

 

 

ROSALIA de Vero Ramos

ENTROIDO 2024

REMATADO O MES DE ENTROIDO, QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UN PEQUENO RESUMO DE COMO VIVIMOS ESTA FESTA NO COLE.

QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, PERSOAL DO CENTRO, ASÍ COMO AO CONCELLO, POR COLABORAR CON NÓS.

FELICITAR A TODAS AS FAMILIAS POLAS LARPEIRADAS TAN BOAS, SABOROSAS E BEN PRESENTADAS, QUE CADA ANO ACHEGADES NESTAS DATAS, E POR SUPOSTO NORABOA Á FAMILIA DE XAVI E HUGO POR AS FILLOAS GAÑADORAS!!!

 

 

ENTROIDO de Vero Ramos

 

XA NOS TARDA O VINDEIRO ENTROIDO!!!

Día da Paz: Tratámonos ben

Aínda que todo o ano debera ser Día da Paz, o 30 de xaneiro celebrámolo baixo o precioso lema: "Tratámonos ben". Unha frase que debera formar parte de todos os nosos días e de todas as persoas do mundo para conseguir o que tanto queremos, poder VIVIR EN PAZ.

Como parte desta festa, o noso marabilloso profe de música adaptou unha preciosa canción, "A mochila da paz", para que a cantásemos e bailásemos neste día.

Ademais, organizou un fermoso concerto onde deleitamos ao resto da escola coas cancións que estivemos a practicar durante moito tempo.

Pasámolo xenial e disfrutamos máis todavía.

Premendo nas ligazóns podedes ver un vídeo das actuacións dos distintos cursos.

INFANTIL     1º EP         2º EP          3º EP          4º EP            5º EP           6º EP

CHARLA INFORMATIVA

CHARLA INFORMATIVA

CHARLA de maria

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO PONTE DE XUVIA

 

Xornada de portas abertas de Laura Cabarcos Edreira

AS 12 BADALADAS NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de dar paso ao novo ano 2024 queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste este agasallo e que se cumpran todos os nosos desexos!

 

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia da as 12 badaladas!

UN LIBRO POR AGASALLO 2023

UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

Distribuir contido