Skip to Content

#QuédateNaCasa

Recomendacións para estos días nos que pasamos moito tempo na casa.

#BibiotecasEscolaresAbertas

Estamos na casa pero aínda en movemento, polo que imos intentar que funcionen algunhas das actividades que tiñamos programadas tanto desde a biblio como desde o resto dos equipos (dinamización lingüística e extraescolares).

Este mes de marzo ademáis da semana da prensa e o 8 M, que xa tiñamos organizada no cole, invitaramos ás familias a vir festexar o Día internacional da Narración Oral. Seguimos coa mesma idea e vos propoñemos que nos enviedes ao correo de Lelucha as vosas aportacións. Como? Pois poden ser grabacións de sons feitas co móbil nas que nos cantedes ou contedes o que queredes compartir. Nós encargarémonos de subilo a web para poder compartilo. Tamén poden ser vídeos pero procurade que non saia ningunha imaxe de menores. Podedes grabar o vosa voz mentres nos ensinades debuxos feitos polos nenos/as, por exemplo.

Podedes ver no vídeo algúns dos traballos destos días no cole.

Animádevos a participar!

Correo: leluchabiblio@gmail.com

Algúns recursos online

A crise sanitaria mundial xerada polo Covid-19 fainos ter que estar na casa aínda que esteamos sans. Nalgúns casos pode ser que as horas pasen lentas, polo que estanse a ofrecer servizos online gratuítos para facernos o tempo máis levadeiro.

Desde a nosa biblio, Lelucha quere contribuir recollendo algunhas das moitas ofertas que poderedes atopar na rede.

En primeiro lugar, queremos recordar para todos os usuarios da plataforma Galicia-le que este pode ser un bo momento para sacarlle partido a todos os recursos que nos ofrecen: literatura en galego e castelán, libros de consulta, películas, etc.

https://www.galiciale.gal/

Por outra banda hai outras iniciativas dispoñibles específicamente para estos días de tempo na casa:

Comic:

https://twitter.com/ElTorres72/status/1238204925550657536?s=08,%20http://elvosque.es/comic/

Contos contados de Kalandraka:

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

Teatro:

http://teatroteca.teatro.es/opac/#fichaResultados

 Colectivo NOGA (narración Oral en Galego)

Ten unha canle de youtube na que comparten contos tanto para nenos como para adultos.

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA

 

Seguro que hai moitas máis, se alguén quere recomendar algunha máis pode enviarnola por correo a leluchabiblio@gmail.com.

Recorda #QuédateNaCasa.

Distribuir contido


by Dr. Radut