Skip to Content

3º Curso

Letras Galegas 2018

Para conmemorar o día das Letras Galegas 2018 os nenos e nenas de 3ºA puxéronlle voz a un dos poemas de María Victoria Moreno Márquez, que aparece no libro "Eu conto, ti cantas". Esperamos que vos guste.

 

Pincha na imaxe para escoitar o audio

 

Entroido 2018

Pica na imaxe para ver os modelos

A avaliación individualizada.

Dende a Dirección do centro infórmase de que os vindeiros 27 e 28 de maio de 2015 aplicaránse as probas de avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria.

(DOG, 30/04/2015, pp. 16785-16792)  

 Para cumprir a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o noso centro disporá todo o necesario para o correcto desenvolvemento de ditas probas.

As mesmas terán un “carácter informativo e orientador”. Achegando información sobre o “grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe”.

Será un medio para “achegar información e orientar”. En función dos resultados, cada centro adoptará “as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo”.

Achegarase “información ás familias e á Administración” e  contribuirase “a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa”.

Se precisa máis información, pode obtela na web da Consellería de Cultura, Educación ee O.U., no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/web/node/14761

Distribuir contido


by Dr. Radut