Skip to Content

SAMAÍN E FESTA DO OUTONO

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2021/22

Deixamos aquí un calendario de reunións que se organizarán a comezos de curso.

Pregamos asista só unha persoa por alumno/a, sen nenos/as e respectando as normas hixiénico-sanitarias:

- Uso de máscara

- Desinfección de mans

- Distancia de seguridade

Moitas grazas!

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS

FAMILIAS: Agardamos que o verán estivese cheo de bos momentos e aventuras! Agardámosvos o xoves 9 de setembro cos mesmos horarios de entradas e saídas escalonadas que o curso pasado, para evitar aglomeracións. Mais o primeiro día serán as titoras/es quen se achegará a buscar ao alumnado do seu curso para acompañalos/as ás aulas.

A por un curso xenial!

*Lembrade que o alumnado de 4º de Educación Infantil está en período de adaptación ata o 21 de setembro, a partir dese día terase en conta o horario establecido aqui debaixo.

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PRIMARIA CURSO 2021/2022

 NOTA IMPORTANTE:

NO CASO DOS LIBROS DE 1º DE PRIMARIA NON SE EMPREGARÁN O DE CIENCIAS NATURAIS E O ACTIVITY BOOK DE INGLÉS.

NO CASO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NON É NECESARIO COMPRAR OS LIBROS DE LINGUA GALEGA, DE CIENCIAS NATURAIS E O ACTIVITY BOOK DE INGLÉS.

 

 

O himno galego

 

AXUDAS A EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2021/2022 - CONCELLO DE VILAGARCÍA

DÚAS CONVOCATORIAS

- Ata o 18 de xuño

- Do 6 ao 17 de setembro

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as unidades familiares residentes no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados/as nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, nos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

REQUISITOS

— Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Vilagarcía de Arousa.

— Ter fillos/as en idade escolar matriculados/as en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil en Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

— Non supera-los ingresos económicos fixados no baremo destas bases

— Presentar toda a documentación requirida, e no prazo establecido, nestas bases.

— Convivir co menor a cargo.

— A condición de beneficiario/a poderá obterse aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no artigo 10.2 da lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

 

DEIXAMOS O ENLACE Á CONVOCATORIA E AO DOCUMENTO ENVIADO POLO CONCELLO. PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CO CONCELLO DE VILAGARCÍA.

Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021/2022

Dende o día 21 de maio ata o día 22 de xuño de 2021 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 

A solicitude pódese presentar:

- PREFERENTEMENTE Na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou no centro. Se clicades aquí teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.

- No centro: traerase o formulario cuberto coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Anexo I e Anexo II

- Copia do libro de familia.

Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.

- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.

- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.

- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

PRAZOS

- Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.

- O 9 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación.

- O 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2021.

 A entrega dos libros e cheques para o curso 2021/2022 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro

Revista escolar 2021

Publicamos a revista escolar, este curso en formato dixital, na que recollemos o traballazo do noso alumnado para coñecer mais e mellor Vilagarcía de Arousa. Presentamos: "Vilagarcía... pasiño a pasiño". Esperamos que vos guste.

SOLICITUDES ADMISIÓN 2021/2022


Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe DEFINITIVA,

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.

FORMULARIO DE MATRÍCULA PARA DESCARGAR

Benvida

plambe

  

C.E.I.P. O PIÑEIRIÑO

Rúa Adolfo Pedrido Morla, 1

36600 Vilagarcía de Arousa

PONTEVEDRA.

 

Tlfno: 986.504.366     

Fax: 986.199.448       Mail: ceip.pineirino@edu.xunta.es

 

 Se precisas axuda para chegar, preme aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut