Skip to Content

A nosa biblioteca

Biblioteca Afonso X o Sabio

A biblioteca do noso colexio chámase "Afonso X o Sabio". Está situada na planta baixa do noso centro e ten entrada desde o interior e tamén desde o exterior do cole.

Pertencemos a PLAMBE desde o curso 2006-2007.

Aínda que é unha biblioteca pequena, polo seu espacio, está chea de libros, comics, música e sobre todo de moita ilusión.

Este é o plano da biblioteca neste momento, porque a nosa biblioteca está viva e vai mudando pouco a pouco. Tamén medra hacia outros espazos do centro: zona de comics, PDI, novidades e exposicións (no hall de abaixo) e zona de revistas e comics (no hall de arriba).

Que podemos atopar nela? Pois hai libros de consulta, literatura organizada en 3 zonas diferenciadas (pre-lectores, primeiros lectores, lectores autónomos e zona en inglés), cds de audio, dvs e interactivos, zona de ordenadores, lecturas para familias, e-reader e tablets, revistas,  e moito, moito máis. 

  

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut