Skip to Content

Taboleiro de anuncios

anuncios

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2021/22

Deixamos aquí un calendario de reunións que se organizarán a comezos de curso.

Pregamos asista só unha persoa por alumno/a, sen nenos/as e respectando as normas hixiénico-sanitarias:

- Uso de máscara

- Desinfección de mans

- Distancia de seguridade

Moitas grazas!

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS

FAMILIAS: Agardamos que o verán estivese cheo de bos momentos e aventuras! Agardámosvos o xoves 9 de setembro cos mesmos horarios de entradas e saídas escalonadas que o curso pasado, para evitar aglomeracións. Mais o primeiro día serán as titoras/es quen se achegará a buscar ao alumnado do seu curso para acompañalos/as ás aulas.

A por un curso xenial!

*Lembrade que o alumnado de 4º de Educación Infantil está en período de adaptación ata o 21 de setembro, a partir dese día terase en conta o horario establecido aqui debaixo.

 

 

NOVAS SOBRE A 2ª AVALIACIÓN.

2º avaliación.

Seguindo as instruccións da Inspección Educativa, a 2ª avaliación dase por pechada con data 13 de marzo.

Por este motivo, as familias poderedes acceder ás notas desta 2ª avaliación, a partires do xoves, 2 de abril de 2020, utilizando a aplicación da Consellería de Educación abalarMóbil, sen prexuizo de que, no seu momento, se entreguen en papel.

Se non utilizades aínda esta aplicación (gratuita), aquí podedes ver a guía para descargala e utilizala (ou facendo clic sobre a imaxe).

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o voso número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE, é dicir, que sexa o mesmo número que facilitastes ao centro no momento da matrícula. Se vos aparece unha mensaxe indicando que o número non está asociado a ningún alumno ou alumna, podedes chamar ao centro ou enviar un correo electrónico é solicitar a actualización dos números de teléfono móbil.

Chamada ao centro: de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas (na medida do posible)

Correo electrónico: ceip.pineirino@edu.xunta.es

Se, por algunha circunstancia, non podedes utilizar esta aplicación, enviade un correo electrónico ao enderezo  arriba indicado, poñendo os datos do alumno ou alumna, nome do pai, nai ou representante legal e nome do titor ou titora, quen vos fará chegar a ese mesmo mail ás notas do neno ou nena.

AS NENAS E NENOS PRESENTÁMOSVOS O NOSO COLE!

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

12 de marzo ás 11 h

Agardámosvos! 

                                    AS NENAS E NENOS PRESENTÁMOSVOS O NOSO COLE!

BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TODXS!

 

 

REPARTO MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA

AVISO: 

O ALUMNADO QUE RECIBIU A AXUDA DE CHEQUE DE MATERIAL (50€) (FONDOLIBROS) TEN DEREITO Á AXUDA DE MÁSCARAS REUTILIZABLES TENDO EN CONTA A ORDE 6 DE NOVEMBRO DE 2020.

ESTA SEMANA PROCEDERASE AO REPARTO DAS MESMAS:

UN TITOR/A LEGAL DEBERÁ ACHEGARSE AO CENTRO NOS DÍAS ASIGNADOS PARA PROCEDER Á RECOLLIDA:

MARTES 15 E MÉRCORES 16 DE DECEMBRO: 1º, 2º E 3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

XOVES 17 E VENRES 18 DE DECEMBRO: 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

DENDE XA, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Reparto de máscaras alumnado Primaria - Orde 6 de novembro de 2020

Publicada a Orde 6 de novembro de 2020 que establece o reparto gratuíto de máscaras para o alumnado de Primaria.

 

 (as solicitudes só poden presentarse no centro)

CONSULTAR REQUISITOS

Orde 6 de novembro de 2020

Anexos I e II

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 DO CENTRO

ATENCIÓN! DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA PRESENTACIÓN PARA SABER MÁIS SOBRE O PLAN DE ADAPTACIÓN DO NOSO CENTRO. ESPERAMOS QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

 

AXUDAS MUNICIPAIS Á ESCOLARIZACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende o Concello de Vilagarcía ábrese o prazo para solicitar axudas á escolarización de Educación Infantil no curso 2020/2021.

As solicitudes presentaranse na 2ª planta (en secretaría) ou para máis información pódese chamar aos teléfonos 986099200 extensión 214 ou no 986099200 extensión 343.

 PRAZO ATA O 10 DE XULLO

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

 AXUDAS CONCELLO VILAGARCÍA EDUCACIÓN INFANTIL

 

PROPOSTAS DE TELETRABALLO #QuédateNaCasa

LEMBREN QUE NA AULA VIRTUAL DO CENTRO ESTÁN INDICADAS POR CURSO AS TAREFAS QUE SE PROPOÑEN PARA AS DISTINTAS AULAS.

SE ASÍ O ESPECIFICAN AS MESTRAS E MESTRES, TEREDES ACTIVIDADES EN EVA-EDIXGAL

 

 

#QuédateNaCasa

Distribuir contido


by Dr. Radut