Skip to Content

#QuédateNaCasa

Recomendacións para estos días nos que pasamos moito tempo na casa.

#ArelaDoMar (Actualizado)

 
Como sabedes tod@s o tema do PDI deste ano é "O Mar" e como lle afecta a contaminación por plásticos. Estos días recibimos unha proposta de actividade da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC). Están a preparar a campaña #ArelaDeMar en redes sociais con motivo do Día Mundial dos Océanos declarado pola ONU,  que celébrase o 8 de xuño a nivel global. Esta era tamén a data que tiñamos pensada no noso cole para pechar o noso PDI e comezar coa exposición de traballos.
 
A cotinuación deixámosvos a súa mensaxe e proposta. Xa vos decimos que nos encanta e que queremos convidarvos a tod@s a participar!!

"Unha arela é un desexo, un degoiro, un devezo moi forte de algo e a ansia por conseguilo. Cremos que na situación que estamos vivindo, moita xente comparte a arela de volver gozar co océano (nas praias, paseando ao seu carón, etc.), pero tamén que moitos teremos reflexionado sobre a importancia de coidalo e teremos arelas dun mar limpo, libre de plásticos, sen acidifación e cheo de vida diversa. Ademais de apoiar a campaña global do #WorldOceansDay (30x30: protección do 30% dos océanos para 2030), queremos reivindicar todo o que nos aporta o océano e a conservación da súa diversidade dentro da nosa comunidade. A campaña desenvolverase nas nosas redes sociais, en TwitterFacebook e nunha nova conta de Instagram (@iim_csic).

Para esta campaña gustaríanos que colaborásedes connosco pedíndolles aos vosos alumnos que participen na acción conxunta o día 8 de xuño, respondendo nas súas redes sociais ou nas da escola á pregunta "Cal é a túa #ArelaDeMar?" a través dalgún tipo de creación artística (un vídeo, un texto, un poema, unha ilustración, unha canción… ), usando ou cancelo #ArelaDeMar.

As arelas poden ser persoais (Que é o que máis arelas facer ou sentir unha vez podamos volver gozar completamente do océano?) ou globais (Como desexas ver o océano nun futuro próximo? Que problemas deveces por ver solucionados canto antes?). Ademais, poden incluír nas súas creacións tanto experiencias persoais como promover accións colectivas. Deben incluir un título curto que resuma a súa arela; podedes atopar exemplos neste documento.

O título debería ser unha frase curta que inclúa o  hashtag #ArelaDeMar. Os requisitos técnicos que nós propoñemos para as diferentes disciplinas artísticas son os seguintes:"

 
 
A súa proposta consiste na difusión a través das redes sociais que se mencionan na mensaxe. Se ademáis queredes que compartamos as vosas arelas na nosa web, Lelucha estará encantada de subilas. Recordade que o correo electrónico da nosa bruxiña é leluchabiblio@gmail.com.
 
Animádevos a participar é unha actividade preciosa!!!!


Tivemos a nosa primeira aportación de Yago de 2ºB que creou un vídeo coa súa #Arela. Moitas grazas Yago!

 

Compartimos tamén a "arela" de André de 4º A. Moitas grazas!

Lola 2º A envíanos tamén a súa arela de mar. Moitas grazas!

 

Recomendacións SOGAMA no día do Medio Ambiente

Hoxe compartimos e damos publicidade a esta campaña de SOGAMA que está moi relacionada co noso PDI. Baixo o título "Desplastificate: di NON aos plásticos de usar e tirar" pretendese diminuir o consumo dos plásticos dun so uso. Nestes días de confinamento nos que non se podía facer a compra diariamente, aumentou o consumo de productos sobreenvasados (cunha data de consumo maior). Pouco a pouco temos que ir retomando tamén os bos hábitos na redución de residuos (a primeira das 3 Rs).

No arquivo adxunto podemos ver un documento elaborado por SOGAMA con recomendacións e boas prácticas sobre o tema.

O club das lerchiñas

Hoxe compartimos una iniciativa que me encantou "O club das lerchiñas" organizada a través do Gaias.

Tendes plans para este sábado? e o que ven ou o seguinte? Pois si vos apetece podedes quedar con Ledicia Costas, Paula Carballeria, Bea Campos, Andrea Bayer ou Maria Lado e Lucía Aldao. Un planazo!!!!

Neste enlace podedes acceder á web do Gaias. Disfrutádeo!

A poetisa dos nen@s

Para os que coma mín, xa fai uns aniños que saímos da escola (como alumn@s claro, porque eu collinlle gustiño ao de voltar a ela cada día) seguro que o nome de Gloria Fuertes nos sona e moito; xa que nos nosos libros daquela época había poemas seus en moitas páxinas. Esto non quere decir que a súa obra xa esté pasada de moda, que non se siga traballando ou desfrutando con ela. Como se soe dicir... para mostra un botón. Neste enlace da "Junta de Castilla e León" podedes ver un traballiño sobre a poeta. Entrando nel poderedes coñecer un pouquiño sobre ela, ler algún anaco da súa obra, xogar cos seus poemas, ... e un sin fin de actividades máis.

 

Para rematar deixo unha cita da propia Gloria Fuertes:

"…Los niños que leen poesía se aficionan a la belleza del lenguaje y seguirán leyendo poesía toda su vida…"

Itinerantes no vento

Chéganos esta inicativa tan interesante que queremos compartir. "Itinerantes no vento" é un proxecto que a escritora e contadora Teresa González Costa, xunto cun grupo de amigos, está a levar a cabo cruzando fronteiras. Estas historiass saen de Francia e chegan a aquí pretiño, a O Grove. Nesta páxina podedes atopar historias, para todas as idades, para que as escoitedes e poidades participar debuxando. Hai unha dirección de correo no apartado de "colabora" a onde podedes enviar os vosos debuxos. Como a Lelucha tamén lle gusta saber de vós, se enviades algún debuxo podedes enviarllo tamén á nosa bruxiña para que o publiquemos tamén na nosa web.

O día do libro tamén dou para traballos manuais.

A festa do libro dou para moitas actividades diferentes, xogos de adiviñar, recomendacións lectoras e tamén para facer pequenas manualidades. Hoxe publicamos as de dous nen@s do noso cole que queren compartir con nós os seus traballiños.

África de 1ºB mandounos este debuxo tan chulo dun dos seus libros favoritos.

 

André de 4ºA enviounos uns marcapáxinas impresionantes.

Moitísimas grazas da nosa parte e de parte de Lelucha tamén, por suposto.

SEMANA DO LIBRO

Como remate dunha semana importantísima na biblioteca publicamos o vídeo con todos os vosos libros preferidos. Grazas por partipar na actividade e por compartir con nós estes libros tan interesantes.

 

 

Tamén tiñamos pendiente publicar a solución ao reto dos emojis. Ahí vos vai! Cantos acertáchedes? Seguro que moitos!

 

 

Moitas grazas de novo a África e a súa familia por axudarnos a pasar un bo rato!!!

Abril: O mes do libro

O mes de abril é tempo de adicar a un dos protagonistas da nosa biblio, os libros. Como sabedes o día 23 de abril adícaselle todos os anos aos nosos fieis compañeiros de viaxe aos mundos da imaxinación, da aprendizaxe, das emocións, ...

Neste momentos extraños que nos está tocando vivir, os libros poden ser a nosa fiestra ou porta para sair "a pasear". Acordádevos deles!

Queremos propoñervos parte das actividades que tiñamos pensadas para este mes de abril e gustaríanos que nos axudárades a festexar o día do libro con elas.

Actividade 1: Queremos facer unha listaxe de libros que nos gusten tanto que compartiriamos cos demáis para que tamén poidan desfrutar deles. Para esto vos pedimos que nos enviedes ao correo de Lelucha (leluchabiblio@gmail.com) unha foto ou un debuxo da portada do libro. Nós iremos publicando as imaxes a medida que vaian chegando.

Actividade 2: A actividade que tiñamos pensada chamábase "Apadriña un libro"ïa consistir en escoller un libro so sabendo algúns datos sobre os seus protagonistas, parte da historía,... Como non estamos no cole, ímola modificar un pouco para xogar en familia. Hoxe publicamos un video para xogar un ratiño.

 

 

 

 

Axudádenos a seguir co xogo propoñéndo adiviñas para poder publicar aquí. Enviadeas tamén ao correo de Leclucha. Poden ser con emojis coma esta, con debuxos dos protagonistas, anacos da historia, etc. Imaxinación ao poder. Esperamos as vosas aprtacións!!! 

 

Primeiro reto proposto por África de 1º B e a súa familia. Polo momento só vai o reto, ide apuntando as respostas que nuns días colgaremos as solucións tamén.

 

MARTES 21 DE ABRIL

Estase achegando a gran data (a celebración do Día do Libro) para ir abrindo boca, volvemos a deixar o enlace á canle de Kalandraka de Contos Contados, no que seguirón a publicar novas historias. 

http://www.kalandraka.tv/gl/

E outro agasallo da man de Santillana con un montón de contos para diferentes idades, contados por escritoras e escritores actuais.

https://www.loqueleo.com/es/noticias/actualidad/loqueleo-en-casa

 

Encántanos todas estas iniciativas. Moitas grazas a tod@s, escritores, editoriais, ilustradores,contadores profesionais de contos, … por compartir o voso traballo con nós desta maneira e facernos levar a confinamento moito mellor!

 

MÉRCORES 22 DE ABRIL

Hoxe compartimos un vídeo sobre un libro moi chulo que nos ven moi ben para estos días: "O increible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers e editado por Patas de Peixe Editora.

Conta a historia dun neno ao que lle gustan mooooooito os libros pero non da maneira que vos imaxinades. Mirade, mirade!

 

XOVES 23 DE ABRIL

Chegou o gran día. Aínda que nesta situación tan extraña, non podemos deixar de festexar o Día do Libro. Non se nos ocorrre mellor maneira que compartindo estes dous vídeos. 

O primeiro é unha pequena homenaxe ao libro e o segundo un vídeo da canle do Salón do libro de Pontevedra onde Paula Carballerira nos conta a historia dun pequeno morcego que quere sair de día. 

Esperamos que vos gusten!

 Recordade que aínda que nestes días moitas librarías permanecen pechadas, algunhas poden vender online. Tamén temos na nosa vila algunhas que ao ter prensa diaria poden abrir. Desde aquí queremos lembranos delas e darlle unha aperta virtual agarimosa por coidar do noso "nós interior".

 

Esquecíame! Entre mañá e o luns colgaremos os vosos libros favoritos. Xa temos algúns, non demasiados, así que si queredes enviarllos a Lelucha, non tardedes moito. Grazas!!!!

 

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe celérase o Día mundial do teatro e aínda que dente a casa, tamén o podemos festexar.

Lelucha faivos outra proposta, a de aproveitar o tempo na casa para recrear con títeres de creación propia, algún conto ou historia que vos apeteza. Como sempre podedes mandalo ao noso correo para que o publiquemos na web e que todos/as poidamos desfrutar del.

A dirección é leluchabiblio@gmail.com

Para axudarvos compartimos uns enlaces con ideas para facer títeres e teatriños. Animádevos a participar!

https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-4-teatros-titeres-caseros/

http://papelisimo.es/2018/04/teatro-casero-ninos/

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/marionetas-y-titeres-caseros/

Día Mundial da poesía

Este mes de marzo ven cargado de datas importantes e conmemoracións. Propoñemos unha nova actividade por se vos apetece participar. Para festexar este gran día convidámosvos a que nos enviedes poemas creados por vós nas casas. Como sempre a nosa dirección de correo electrónico para envialos é leluchabiblio@gmail.com.

Facede un poema e un debuxo e enviádenos unha foto. Nós encargámonos de difundila.

E para pasar o día da mellor maneira posible, facemos unha recomendación dun libro que temos na nosa biblio: "Un poema para curar a los peces" escrito por Jean Pierre Simeon e publicado pola editorial Kókinos.

Como estos días as nosas portas estám pechadas, vos deixamos un fragmento:

–¡Mamá, mi pez se muere! ¡Corre!, se muere de aburrimiento, mi querido León.

La Mamá miró a Adrián, cerró los ojos, volvió a abrirlos... Sonrió:
–¡Tienes que darle un poema inmediatamente! Y se marchó a su clase de trombón.
–¿¡Un-po-e-ma!? Pero ¿qué es un poema? Adrián fue a mirar en el armario de la cocina:
–¿Hay aquí algún poema?
–Aquí no hay poeeeeeemaaaas, respondieron susurrando los fideos.Adrián rebuscó en el armario de las escobas.
–Aquí do hay dingún boema, dijo la fregona, que siempre está resfriada.

 

Aquí vai tamén un vídeo dunha sesión de contacontos con este libro nun colexio. Non ten moi boa calidade, pero dadas as circunstancias, pódenos sevir. Grazas ao autor/a por compartilo na rede!

https://www.youtube.com/watch?v=7_EVs5Me1Xo

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut