Eventos
Estimadas familias.
Dende o Departamento de Orientación queremos lembrarlles que o prazo para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo está aberto ata o 30 de setembro segundo figura na BDNS (base de datos nacional de subvencións) e publicado no BOE o 02/08/2021. As axudas deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es(Servicio al ciudadano ► trámites y servicios ► Estudiantes ► Becas y ayudas ►Para estudiar ►Primaria y secundaria) ou a través da sede electrónica do Ministerio e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es. onde figuran as condicións para poder acceder a estas axudas.
Un saúdo.
A xefa do Departamento de Orientación
Estimadas familias:
No día de hoxe notificouse por parte do concello de Sada un cambio no sentido da circulación para entrar no colexio. Este cambio será nas franxas horarias de 8:30 a 9:30 e de 13:30 a 14:15.