Skip to Content

Axudas para alumnado con NEAE

09/09/2021 21:20
Europe/Madrid

Estimadas familias.

Dende o Departamento de Orientación queremos lembrarlles que o prazo para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo está aberto ata o 30 de setembro segundo figura na BDNS (base de datos nacional de subvencións) e publicado no BOE o 02/08/2021. As axudas deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es(Servicio al ciudadano trámites y servicios Estudiantes Becas y ayudas Para estudiar Primaria y secundaria) ou a través da sede electrónica do Ministerio e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es. onde figuran as condicións para poder acceder a estas axudas.

Un saúdo.

A xefa do Departamento de Orientación

 



event | by Dr. Radut