Fotos das mandas do meco, que este ano estaban relacionadas co mundo da pintura. Ademais, cada día había un mural en branco para que os cativos e cativas imitasen as obras dos pintores/as correspondentes. Clica na foto para acceder ao álbum.
O pasado 15 de febreiro celebramos o tradicional Entroido, pola mañá cantamos as Coplas de Entroido e pola tarde fixemos o pasarrúas polo pobo de Amoeiro, ahí vós deixo unha mostra do ben que o pasamos.