Skip to Content

Matrícula do alumnado - Curso 2021-2022

O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Para iso deberá cumprimentar a seguinte documentación e entregala no centro:

- Anexo III de matrícula debidamente cuberto e asinado.

- Autorización da imaxe pública.

Celebración Letras Galegas 2021 (Xela Arias)

En maio celebramos as nosas letras con diversas actuacións:

- Os pequenos do cole faláronnos de Xela Arias, a homenaxeada deste ano.

- Toda primaria cantou o himno galego.

- 5º e 6º bailaron a "Muiñeira global".

Mira as fotos clicando na imaxe.

Feira do libro 2021

Este venres 28 de maio celebramos a Feira do libro que organizou a profe Patricia (Coordinadora da biblioteca), na que o alumnado intercambiou vales por libros. Son todos libros que deixan de formar parte da nosa biblioteca, na súa maioría porque os temos xa repetidos. Trátase dunha acción máis dentro do PLAMBE co que estamos a renovar a nosa biblio, A biblio do Faragulllas.

Decorando a biblio!!

Estas semanas andamos con moita faena na biblioteca, en pleno proceso de reforma. Agora tocoulle ao alumnado poñer a súa pegada. Así, encheron de follas coas súas propias mans, a árbore previamente debuxada e pintada polas profes Cris e Katy.

A profe Patricia completou a tarefa cunhas baldas para expoñer as novidades da biblio.

Fotos: https://photos.app.goo.gl/YfyzTpdYnesTwYkz6

E lembrade que tedes toda a actualidade da biblioteca no seu blog:

Contos con Sabela

O pasado 10 de maio, en infantil puideron disfrutar dunha fantástica sesión de contacontos a cargo da gran Sabela Gago.

As fotos na seguinte ligazón:

https://photos.app.goo.gl/8urerBvdh46c2Uci7

Axudas libros de texto e material escolar- Curso 2021-2022

A Orde do 6 de maio de 2021 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2021/2022.

recibirán vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

Listaxe definitiva de admitidos. Curso 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas en prazo obtiveron praza.

Lembramos que deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Programa Braulio Tuber

A maioría lembraredes o programa da tvg que se rodou no cole coa participación do alumnado de 5º e 6º de primaria. Pois aquel Braulio Tuber do curso pasado pódese ver na web da crtvg. 

http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-106-4745164

E aquí as fotos daquel día:

Canción da reanimación cardiopulmonar.

Canción para aprender a reanimar, cantada en galego, e na que participou o alumnado de infantil e 1º ciclo; acompañados cos ukeleles por alumn@s de 6º e pola profe Cris. A canción orixinal foi realizada por Marta Nonide, médico do SAMU Asturias e creadora de 'RCP desde mi cole'.

Recitando a Rosalía_2021

Alumnado de primaria recitou os versos máis famosos de Rosalía, para celebrar o 24 de febreiro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut