Skip to Content

Taboleiro

Programa Digicraft

Este curso apuntámonos ao Programa Digicraft, no que seguiremos o curso que vén, e que consiste na realización dun curso de formación (os titores de 5º e 6º de Primaria), para logo desenvolver co alumnado unha serie de actividades sobre intelixencia artificial, programación e videoxogos; todas elas vinculadas ás Ciencias Naturais.

Na seguinte ligazón pódense ver fotos dalgunhas das actividades:

Canal "Dicímoscho nós!! en Youtube.

Durante este curso, en 6º de primaria, creamos un canal en Youtube (Dicímoscho nós!!), no que o alumnado protagonizou unha serie de vídeos onde nos resolven dúbidas sobre o noso idioma.

Vídeo-resumo do curso 20-21.

Grazas á ANPA e familias en xeral por colaborar neste curso tan complicado, que rematamos cunha incidencia mínima, sen contaxios no propio centro.
Pero sobre todo GRAZAS aos nosos alumn@s polo seu comportamento impecable, respectando as normas e amosando gran capacidade de adaptación.
Agardamos disfrutedes co vídeo-resumo do curso 20-21.
Distribuir contido