Skip to Content

Educación física

Xornada de promoción do hockei.

O venres pasado o alumnado de 2º a 6º de primaria disfrutou dunha mañá de aproximación ao hockei a través de exercicios e xogos, dentro do programa Fomento do deporte da Xunta de Galicia.

Medallistas atletismo benxamín e alevín 2024

Fotos dos alumnos e alumnas que destacaron e se clasificaron nos tres primeiros postos das diferentes probas de atletismo no campionato comarcal da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Parabéns a tod@s!!

Xogando ao atletismo benxamín 2024

O pasado mércores 17 de abril disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo benxamín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 7 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de 4º clasificado.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer unha vez máis ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou de novo en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Pulsade na imaxe para ver o álbum co todas as fotos e vídeos.

 p

Obradoiro de xogos tradicionais 2024

Fotos do obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo

para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Puideron aprender e disfrutar de xogos como a porca

(antigo xogo similar ao hockei actual), o pino, e tamén xogos de mesa coma o muíño ou o moco.

 

Atletismo en Expourense.

Fotos da experiencia que supón practicar atletismo onde o practican os profesionais, nunha das mellores instalacións de España para este deporte.

Campións do "Xogando ao atletismo 2024" !!

O pasado xoves 7 de marzo disfrutamos dunha estupenda xornada de atletismo alevín, organizada polo noso cole no polideportivo municipal, competindo con outros 6 colexios da zona do Arenteiro. Houbo lanzamentos, saltos, carreiras, remudas (relevos) e moita diversión. Ademais, o noso alumnado realizou un excelente papel, conseguindo dominar diversas probas e traéndose para o colexio o trofeo de campións.

No apartado de agradecementos, temos que agradecer ao profesorado do resto de colexios a colaboración prestada, o mesmo que ao alumnado de 6º do noso centro, que colaborou en diversas tarefas ao longo de toda a mañá; e tamén á Asociación Medrando Amoeiro que aportou o necesario para unha saborosa pausa-café do profesorado.

Grazas a tod@s e parabéns ao noso alumnado e ao resto de participantes.

Campionato comarcal de bádminton 2024

O pasado venres 1 de marzo, o alumnado de 5º e 6º disfrutou dunha xornada de convivencia lúdico-competitiva en torno ao bádminton. Desenvolveuse no IES Chamoso Lamas de Carballiño, grazas á colaboración do profesorado de EF dese centro e ao seu equipo directivo, aos que agradecemos a organización e acollida para este evento.

Campionato Galego de cros 2024.

Novo éxito dos nosos 3 participantes no campo a través. Desta volta foi no Campionato Galego disputado o pasado sábado 13 de xaneiro, onde Aroa, Sara e Mateo souberon sobrepoñérse ás caídas, á chuvia e á lama para facer un gran papel a pesares de competir cos mellores corredores e corredoras de Galicia desta especialidade. Moitos parabéns para os tres!!!

 

Campionato provincial de cros.

O pasado 16 de decembro disputouse o campionato provincial de cros en Ribadavia, coa participación de 3 dos nosos alumnos: Sara Quiroga, Aroa González e Mateo Requejo. Os tres competiron a gran nivel e incluso conseguiron a clasificación para o campionato galego a celebrar o vindeiro mes de xaneiro. Moitos parabéns para os tres!

Campo a través 2023 (Fase comarcal)

Fotos do campo a través comarcal celebrado este ano na Veronza (Ribadavia) debido ás malas condicións nas que se atopaba o Puzo do Lago polas chuvias.

Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que o equipo do cole obtivo dúas medallas en categoría alevín, ademais de outras grandes actuacións, conseguindo rematar a carreira todos os nosos participantes. Parabéns a tod@s!!

Coñecendo a ximnasia rítmica

Clase de ximnasia rítmica para todo o alumando do cole!!

Magosto 2023

Carreira do San Martiño, unha morea de xogos e bailes, chourizos e castañas foron os ingredientes principais do noso Magosto deste ano.

Iniciándonos no IOGA

Campionato "Xogando ao atletismo" 2023

 

Torneo minibalonmán A.D. Arenteiro 2023.

Fotos torneo minibalonmán intercentros celebrado no Carballiño dentro do programa Xogade. (Clic na imaxe para ver as fotos).

Distribuir contido


by Dr. Radut