Skip to Content

Nadal

Jerusalema Dance _ 5º-6º de primaria

JERUSALEMA DANCE 2020 - Vídeo canción traballada en Música e Educación Física polo alumnado de 3ro ciclo (5º-6º EP) durante a semana previa ao Nadal, para compensar a falta do festival deste ano por mor da covid19.

Fotos da visita de Papá Noel

Fotos da visita de Papá Noel que pasou polo noso colexio grazas ás xestións da Anpa.

Xusto premio para o noso alumnado que tan ben está a levar este curso tan diferente.

BO NADAL!!

UN NADAL DIFERENTE

Un Nadal diferente.

Cris, a profe de Música, adaptou a letra da canción "De ellos apendí", de David Rees; e o alumnado do cole canta esta canción navideña para este Nadal 2020 tan diferente.

A falta de festival de Nadal, agardamos disfrutedes deste pequeno agasallo.

SAÚDE E BO NADAL A TOD@S !!!

Agradecementos.

Xa pasou o Nadal, pero tiñamos pendentes un par de agradecementos:

- Por unha banda, ás familias pola gran colaboraación, unha vez máis, coa exposición de Nadal, que resultou espectacular, con renos de todo tipo, elaborados con todo tipo de materiais...

- E por outra banda, á Panadería Seco, pola saborosa bica coa que nos agasallou o derradeiro día de comedor antes das vacacións, para que degustáramos alumnado, profesorado, e persoal colaborador.

Que teñades un feliz 2020!!

 

Vídeos - Festival de Nadal 2019

Un ano máis celebramos o festival de Nadal no colexio con música, teatro, bailes, humor e acrobacias.

Só queda desexarvos a todos un FELIZ 2020 e que disfrutedes das actuacións destes pequenos grandes artistas que temos no cole:

1. Lara e Yago presentan e reflexionan sobre o vídeo contra a violencia machista.

2. "Canción de Benvida", presentada por Irene e Iria.

3. "Nadal na granxa", obra de teatro presentada por Irene e Iria, que inclúe as actuacións de 2º ciclo, 1º ciclo, infantil... , presentado tamén por Irene e Iria.

4. "Musa dos Ventos", canción instrumental presentada por Estela e Antía.

5. Playbacks de 5º e 6º de primaria, presentados tamén por Estela e Antía.

6. Acrosport "Star Wars" e despedida ata o ano que vén, presentado por Estela e Antía.

 

Nadal 2019

Xa podedes ver todas as fotos do Nadal 2019 no colexio de Amoeiro.

Boas festas a tod@s!! Sorriso

Actuacións do Festival de Nadal 2018 (vídeos)

Comezamos coa serie de vídeos do Festival de Nadal. 

1. "Imos facer un boneco".

2. "O demo asubiador" (incluídas todas as cancións e bailes da obra, e finalizando con "Chega o Nadal").

3. "Balaio" (3º e 4º de primaria).

4. "Heroines" (5º e 6º de primaria).

5. "Remix" (5º de primaria).

6. "Perdón" (6º de primaria).

7. "Alegría" (acrosport)

FESTIVAL DE NADAL 2018 (fotos)

O pasado venres 21 tivemos un ano máis o Festival de Nadal no CEIP Otero Pedrayo. Teatro, música, danzas, bailes, acrosport... e sobre todo moita ilusión por disfrutar deste día tan especial.

Xa podedes ver todas as fotos clicando na imaxe. 

CONTO DE NADAL (Teatro festival 2017)

Xa podedes disfrutar da obra de teatro completa, que tan brilllantemente representou o noso alumnado no pasado festival de Nadal. Agardamos que a disfrutedes.

Vídeos - Festival de Nadal 2017.

Nas vindeiras semanas poderedes ir vendo aquí os vídeos do Festival de Nadal.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut