Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz 2024

Día da Paz 2023

Nas seguintes ligazóns tedes as imaxes e vídeos da celebración do Día da Paz deste ano 2023:

 

Día da Paz 2022.

Murais, cancións e bailes foron os protagonistas no Día da Paz 2022.

Vídeos do Día da Paz 2021

Vídeos da celebración do Día da Paz 2021:

 

 

3º e 4º cantan "Non dubidaría", para o Día da Paz.

"Non dubidaría", interpretada no Día da Paz 2021 polo alumnado de 3º e 4º de primaria, baixo a batuta da profe Cris.

DÍA DA PAZ 2021

Fotos do Día da Paz, no que houbo cancións con voz en directo e bailes; todo preparado nas clases de Música polo alumnado coa axuda da profe Cris.Sorriso

 

Os nenos queremos a paz - Día da Paz 2020

Vídeo da canción "Os nenos queremos a paz", que prepararon e interpretaron o alumnado do cole xunto con Miguel Ángel, mestre de Música.
Resulta curioso como a letra se adapta bastante á situación excepcional que estamos a vivir actualmente.
Ogallá moi pronto poidamos volver a vivir momentos coma este do pasado mes de xaneiro.
Ánimo e forza para todos!
#euquedonacasa #todosairáben
 

Día da Paz 2020

Fotos do Día da paz no que elaboramos un colorido tren, en cuxos vagóns o alumnado foi pegando as súas mensaxes de paz. Tamén cantamos entre todos unha fermosa canción que poderedes escoitar próximamente.

 

Día da PAZ 2019

O mércores 30 celebramos o Día da Paz no colexio con diferentes actividades:

  • Un mural que leva por título "Fagamos unha nova realidade". Nel recóllense noticias negativas ou de certo carácter violento, que os nenos seleccionaron e posteriormente transformaron en positivas.
  • Recitados e infantil e 1º ciclo.
  • Recital de cancións.

Picade na imaxe para acceder ás fotos, e máis abaixo para ver o vídeo dos recitados e das cancións.

10

Recitados de infantil e 1º ciclo de primaria.

Recital de cancións.

DÍA DA PAZ 2018

Actividades realizadas (ver fotos clicando na imaxe de abaixo):

- Mural plurilingüe no que o alumnado expresou o que ve cando pensa na paz.

- Poemas pola paz (infantil).

- Bosque da paz: penduramos nas árbores do patio botellas con mensaxes e desexos de paz.

- Canción pola paz. (ver video).

- Recitado de poemas (infantil).

- Conto pola paz (4º curso EP).

DÍA DA PAZ 2013

Iste ano tamén celebramos o Día da Paz, fixemos unha fermosa pomba da paz chea coas nosas mellores mensaxes ahí vos deixo unha imaxen da pomba e tamén un video da canción que fixemos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut