Skip to Content

Complementarias

Canción da reanimación cardiopulmonar.

Canción para aprender a reanimar, cantada en galego, e na que participou o alumnado de infantil e 1º ciclo; acompañados cos ukeleles por alumn@s de 6º e pola profe Cris. A canción orixinal foi realizada por Marta Nonide, médico do SAMU Asturias e creadora de 'RCP desde mi cole'.

Recitando a Rosalía_2021

Alumnado de primaria recitou os versos máis famosos de Rosalía, para celebrar o 24 de febreiro.

 

Búscanse valentes - Día contra o acoso escolar.

Búscanse valentes - Videoclip contra o acoso escolar protagonizado polo alumnado de infantil e primaria do CEIP de Amoeiro. Cantado na nosa lingua polo propio alumnado grazas á adaptación ao galego realizada pola mestra de Música (Cris), a partires da famosa canción de "El langui".

Día do libro con Pablo Nogueira.

No Día do libro contamos coa presenza de Pablo Nogueira, que nos contou dos contos dos que ten el publicados. Previamente o alumnado de 4º, 5º e 6º, coordinado pola profe de plástica (Patricia), preparou uns estupendos murais para a ocasión.

Podedes ver as fotos aquí clicando na imaxe:

Actividades no Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Día contra a violencia machista.
Durante este día houbo cancións con voz en directo, bailes, manualidades, confección de murais temáticos, libro-fórum...
E aquí están todas as fotos.

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Na semana previa ao Día pola eliminación da violencia contra a muller, o alumnado de primaria interpretou "La puerta violeta". Así, guiados pola profe de Música (Cris), os propios alumn@s poñen a voz e tamén os xestos en linguaxe de signos, dando como resultado este fermoso videoclip.

Charlas sobre educación afectivo-sexual

Fotos da actividade impartida por especialistas da Asociación Sexus para todo o alumnado e profesorado do centro. Foi unha actividade impulsada pola ANPA do colexio, dentro do marco de políticas de fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Día das bibliotecas e Festa do Samaín/Halloween 2020.

Fotos da celebración no colexio do Día das bibliotecas e mailo Samaín.
Tivemos diversas actividades. Algunhas delas foron:
- Concurso de relatos terroríficos en 5º e 6º de primaria.
- Teatro: os de 5º e 6º contaron "Contos do revés" ao resto do colexio.
- Música: o alumnado de 3º e 4º interpretou unha canción (Miña abuela Manuela).
- Obradoiro de antifaces de Samaín en cada aula.
- Sesións de cinema.
E outras actividades nas distintas aulas de infantil e primaria.
 

Día do hóckei 2020

Por segundo ano consecutivo, celebramos o Día do hóckei con Yassin, ex-xogador internacional coa súa selección, campión do mundo en varias ocasións e que estivo en varias olimpiadas. O agora entrenador do clube Cidade de Ourense deu unha clase de iniciación ao hóckei na os rapaces puideron coñecer e probar este completo deporte.

Ademais, os nenos e nenas do concello teñen a oportunidade de apuntarse na Escola Municipal de Hóckei para practicar este deporte.

Podedes ver as fotos do Día do hóckei clicando na imaxe de abaixo.

2º PREMIO NO CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO !!

Gañamos o 2º premio no concurso pola igualdade promovido por ADERCOU !!!
O alumnado de 5º e 6º de primaria, coordinados pola mestra de Plástica (Patricia), e coa axuda da mestra de Música (Cristina), elaboraron unhos estupendos murais que obtiveron o 2º premio. 800 euros que invertiremos en equipamentos que favorezan a coeducación.
O sábado saíu a nova no diario La Región.
 
E aquí tedes as fotos dos murais (que non saen na noticia da Región...):
  

Homenaxe a Concepción Arenal - Día da Muller 2020.

No mes de marzo celebramos o Día da Muller xunto co concello, nun acto de homenaxe a Concepción Arenal, no que algunhas das nosas alumnas tiveron a oportunidade de ler unhas palabras sobre "Doña Concha".

Día do amor e a amizade_2020

Na semana do 14 de febreiro celebramos o San Valentín como o Día do amor e a amizade con distintas actividades:

  • Mensaxes de amizade: todos escribiron e recibiron unha mensaxe positiva para un compañeiro do cole.
  • Muro da amizade: Construímos un muro coas palabras amor e amizade en diferentes idiomas.
  • Cartas de San Valentín: lemos unha escolma de cartas de amor/amizade de entre as que se presentaron ao concurso que se convocou para 5º e 6º de primaria.

Obradoiro de xogos populares

O venres 7 de febreiro disfrutamos con Lito do obradoiro de xogos populares, que solicitamos, un ano máis, ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Ao longo da mañá participou todo o alumnado de primaria, practicando diferentes xogos e brincadeiras como a chave, a billarda ou os zancos.

Ximcana da igualdade.

Esta semana realizamos unha ximcana da igualdade, na que os nenos/as participaron en diversas actividades lúdicas coas que aprenderon a traballar en equipo e sen diferenzas en función do xénero.

(Clicade na imaxe para ver as fotos.)

Teatro en inglés no Auditorio de Ourense.

Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiu a unha divertida obra de teatro (Unboxing Alice), en inglés, no Auditorio de Ourense.

(Clica na imaxe para ver as fotos.)

Distribuir contido


by Dr. Radut