Skip to Content

Complementarias

Actuación de Migallas polo 8M

Actuación de Migallas polo 8M:  "Elas pintan moito".

Clica na imaxe para ver o álbum completo.

ACTOS DO 8M - 2023

Clica na imaxe para ver todas as fotos do álbum do 8M.

Obradoiro-degustación de queixos.

Fotos do obradoiro-degustación de queixos Feijóo, empresa recoñecida nacional e

internacionalmente pola calidade dos seus produtos. Clica na foto para velas todas.

25N contra a violencia machista.

Xa podes ver todas as fotos clicando na seguinte ligazón:

Fotos do 25N no noso cole.

Día das bibliotecas con Xabier Domínguez.

Este ano celebramos o Día das bibliotecas coa colaboración do noso profe Xabi, que ademais é o autor dos libros de Naturizo!!! Con Xabi tivemos contacontos e aprendimos unha morea de cousas, entre outras, como se fai un libro dende o principio ata o final. Ver fotos.

 

Exposición de buxainas (Letras Galegas)

Outra actividade dentro da celebración das Letras Galegas foi a exposición de buxainas que o noso alumnado elaborou coa axuda das familias. Hai trompos espectaculares e orixinais, de todos os tipos, cores, materiais e tamaños. Grazas e parabéns ás familias por contribuir a tan estupenda exposición.

Ver fotos.

Un planetario no colexio.

O pasado venres 3 de xuño tivemos unha actividade moi especial no cole, xa que puidemos disfrutar dun planetario no patio cuberto! Os diferentes cursos foron pasando polo planetario con forma de iglú para coñecer máis sobre o espazo exterior grazas ás proxeccións e explicacións que recibiron alí dentro.

Ademais realizaron outras actividades fóra do planetario como lanzamento de foguetes de xoguete e simulacións do sistema solar.

Exposición e charla sobre cabaceiros.

No mes de maio tivemos no centro unha exposición sobre cabaceiros, ademais dunha charla de Arturo Fdez. Araújo, especialista no tema dos hórreos.

Ver fotos aquí.

Convivencia co colexio de Boborás.

O pasado venres 27 de maio celebramos unha xornada de convivencia no noso centro. Foi entre alumnado de 1º ciclo do noso centro e 29 nen@s de 1º ciclo do CEIP de Xuvencos, de Boborás.

A xornada enmárcase dentro do programa Xogade (modalidade multixogo), no que participamos todos os anos. Organizouse en 7 zonas por onde o alumnado ía rotando e practicando distintos xogos, a maioría de tipo tradicional.

Programa Digicraft

Este curso apuntámonos ao Programa Digicraft, no que seguiremos o curso que vén, e que consiste na realización dun curso de formación (os titores de 5º e 6º de Primaria), para logo desenvolver co alumnado unha serie de actividades sobre intelixencia artificial, programación e videoxogos; todas elas vinculadas ás Ciencias Naturais.

Na seguinte ligazón pódense ver fotos dalgunhas das actividades:

Torneos deportivos de fin de curso (Xogade)

Co obxectivo de compensar en parte a falta de deporte escolar na comarca pola covid19, programáronse 3 torneos de xeito interno para os últimos días de curso (ademais dunha liga de bádminton en 2º e 3º ciclo durante o curso).

Fotos dos torneos de fin de curso:

https://photos.app.goo.gl/uNXxqAMou2XVom347

1º ciclo: carreiras de sacos.

2º ciclo: velocidade 60 metros.

3º ciclo: I Torneo de bádminton CEIP Otero Pedrayo.

 

Obradoiro de xogos populares.

Fotos do obradoiro de xogos populares realizado no mes de abril. un obradoiro que solicitamos todos os anos ao Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

https://photos.app.goo.gl/aWYY5KdSZ5f59TsSA

Feira do libro 2021

Este venres 28 de maio celebramos a Feira do libro que organizou a profe Patricia (Coordinadora da biblioteca), na que o alumnado intercambiou vales por libros. Son todos libros que deixan de formar parte da nosa biblioteca, na súa maioría porque os temos xa repetidos. Trátase dunha acción máis dentro do PLAMBE co que estamos a renovar a nosa biblio, A biblio do Faragulllas.

Programa Braulio Tuber

A maioría lembraredes o programa da tvg que se rodou no cole coa participación do alumnado de 5º e 6º de primaria. Pois aquel Braulio Tuber do curso pasado pódese ver na web da crtvg. 

http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-106-4745164

E aquí as fotos daquel día:

Distribuir contido


by Dr. Radut