FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA MATERIAL
Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:
- Axudas para adquirir libros de texto e material: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
- Fondo Solidario de libros de texto e material escolar: alumnado de 3º e 4º de Primaria.
- Axudas para adquirir o material escolar: alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:
Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilizando a aplicación Fondolibros e presentando a solicitude na Sede Electrónica.
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos/as fillos/as.
Para esta opción necesitarase:
a. Conta de Chave365
b. Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación:
- Cubrir os datos na aplicación Fondolibros.
- Imprimir os Anexos I e II producidos na aplicación.
- Presentalos no centro educativo.
- Presencial manual: cubrir os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentalos no centro educativo xunto coa documentación adicional (copia do libro de familia, sentenza xudicial de separación7divorcio, certificado de discapacidade…).
IMPORTANTE: Ámbolos dous anexos deben estar correctamente cubertos e asinados.
HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.
O prazo de solicitudes abrangue do 21 de maio ao 21 de xuño do 2024, ámbolos dous incluidos.
O horario de secretaría para consultas e entrega de documentacións é o seguinte:
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
09:30-10:20 |
09:30-10:20 |
13:40-14:30 |
13:40-14:30 |
13:40-14:30 |
INFORMACIÓN IMPORTANTE
Deberase de achegar coa solicitude (ANEXO I ) a seguinte documentación:
- Anexo II
- Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia)
- Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.
- Certificado de discapacidade de ser o caso
De calquer dúbida podedes chamar á secretaría do centro.
En adxuntos para descargar