Skip to Content

Seccións Bilingües

O noso centro forma parte da rede de centros bilingües.

Grazas a esto o noso alumnado dispón dunha materia máis en Inglés para potenciar o seu uso e a súa aprendizaxe.

No noso caso a asignatura que estamos impartindo en Inglés é a plástica (Art) desde primeiro de educación primaria ata sexto.

A Consellería explica a implantaicón das seccións bilingües do seguinte xeito:

As seccións bilingües

Enténdese por “sección bilingüe” a organización da ensinanza dunha área ou materia do currículo para ser impartida e cursada polo alumnado dun grupo de xeito bilingüe, é dicir, nunha lingua estranxeira, ademais de en galego ou castelán.

Esta organización responde á aplicación dunha metodoloxía AICLE/CLIL, que significa aprendizaxe integrada de lingua e contido e que en Galicia ten por finalidade reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira, a través da in- corporación parcial do seu uso como instrumento de aprendizaxe e vehículo de comunicación na materia, así como da adquisición da terminoloxía específica.

O ensino bilingüe, como sección bilingüe, xa se incorporou en Galicia como fórmula experimental no curso académico 1999–2000 e, desde ese ano, veu- se incrementando progresivamente o número de centros, de grupos, de alumnado e de profesorado que participan nesta fórmula de potenciación das competencias nunha lingua estranxeira, nas diferentes etapas do sistema educativo non universitario.

Na actualidade, as seccións bilingües contribúen a afondar no coñecemen- to do idioma, maioritariamente o inglés, pero non teñen asegurada unha con- tinuidade nin o requisito de comezar ao inicio dun ciclo ou dunha etapa. Tam- pouco conducen a unha certificación de nivel do MCERL. Actualmente o pro- fesorado debe estar en posesión dun nivel de lingua equivalente ao B1 ou de- mostralo mediante unha proba. Existe un sistema de apoio aos centros, tanto económico como de recursos.

Se queredes saber máis sobre o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras premede na imaxe. 

 



paxina | by Dr. Radut