Skip to Content

PLAMBE

O noso centro forma parte do PLAMBE. Preguntarédesvos en que consiste este plan. Pois consiste no seguinte:

É un programa polo que se estimula a renovación das bibliotecas escolares de cara á que cada centro conte cunha biblioteca que poida exercer as funcións que o sistema educativo e a sociedade de información demandan: un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.

Pero tamén un espazo de encontro entre os distintos sectores da comunidade educativa, no que poder medrar e formarse como lectores e como usuarios da información.

Bibliotecas que apoian a alumnado e profesorado en todos os procesos de aprendizaxe que se levan a cabo ao longo do curso escolar, que facilitan recursos variados e actualizados; favorecen a adquisición de competencias clave para o alumnado (lectura, aprender a aprender, competencia dixital, competencia informacional....); ofrecen formación específica para o uso e produción de información, e posibilitan o acceso a actividades culturais diversas como presentacións de libros, recomendacións, recitais, lecturas compartidas, clubs de lectura, etc.

As modernas bibliotecas escolares son tamén laboratorios de ideas e espazos de experimentación no que alumnado, profesorado e familias poden compartir inquedanzas, formación e lecer e nas que a cultura impresa e a cultura dixital se integran de forma natural.

O empeño de profesorado, os recursos, as orientacións, a difusión das boas prácticas e a formación permiten avances neste programa, incluído no PLAN LÍA  (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares da consellería.  

Deste xeito, a nosa biblioteca (A Rufiteca) é un dos eixos esenciais do noso centro, arredor do cal xiran un montón de actividades e está en permanente proceso de renovación e mellora.

Para saber máis da nosa Rufiteca preme na imaxe ou nesta ligazón http://rufiteca.blogspot.com.es/

 

 



paxina | by Dr. Radut