QUE É A INICIATIVA ARCO?
Co fin de seguir avanzando cara á consecución
dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás
necesidades de todo o alumnado, e para continuar
traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención
do absentismo e abandono escolar temperá, a
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
promove, por terceiro ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros
docentes públicos (CEIP, CEP, IES eCPI) en réxime de concorrencia
competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no
grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento
emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas
de actuación:
-
LIÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.
-
LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.
-
LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.
OBXECTIVOS
-
Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.
-
Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.
-
Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.
-
Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.
-
Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
-
Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
-
Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.