Skip to Content

Información sobre o Plan Madruga

O plan Madruga é outra das novidades que o Ceip Parada-Campañó oferta no curso escolar.  A nosa intención é, como sempre dicimos, intentar facilitar as cousas ás familias o máximo posible e darlles todas as opcións dispoñibles.

Si tedes problemas pola mañán para deixar aos vosos fillos porque tedes que entrar cedo a traballar, con plan madruga estarán atendidos no colexio. O horario é de 7:30 a 9:30, podendo deixar aos nenos á hora que mellor vos veña dentro dese horario e podendo elexir con ou sen almorzo.

Tedes que facer a reserva de praza cubrindo o formulario que se atopa nesta misma páxina. A taboa de prezos tamén se adxunta no mesmo.



paxina | by Dr. Radut