Skip to Content

Localización

O noso centro está situado en Parada, na parroquia de Campañó, ao norte do concello de Pontevedra, a unha distancia duns 4 kilómetros da capital do Lérez.

O colexio atópase ao pé do monte Montecelo, con fermosas vistas de todo o val que canaliza o río Rons e que remata nas xunqueiras de Alba-Campañó. É un centro periurbano a carón da estrada de Pontevedra-Vilagarcía.   

 Preme en "ver mapa máis grande" para poder ver as indicacións dende as cidades máis importantes de Galicia

As nosas coordenadas xeográficas (por se queres buscar no Google Earth ou no teu GPS) son:
Latitude = 42°27'35.53" N 
Lonxitude = 8°39'16.56" O

Preme na imaxe para facer unha visita 3D do centro e da súa contorna



paxina | by Dr. Radut