Skip to Content

Música

OS NOSOS ARTISTAS

MIRADE QUE NENOS TAN ARTISTAS TEMOS NO NOSO CENTRO!!!

QUE GUAPOS ESTÁN TODOS!

Pasodoble de Cestaños

 

 
 
 

Ola compañeiros ! 

 
 Vouvos propoñer unha actividade musical interactiva e gustaríame que participedes todos . Trátase da creación de un pequeno video musical on-line no que podedes cantar , bailar ou tocar o voso instrumento. 
 
Faremos unha nova versión do Pasodoble de Cestaños que moitos xa traballastes na aula de música cunhas letriñas feitas para a ocasión. 
 

Que podo facer ? 

Recordade ,  a peza ten dúas partes, unha instrumental ,onde podedes bailar libremente e con que vos queirades ... pais , avós , cadelos ... etc (recordovos que os pasodobles bailanse en parella , decídelle os vosos pais e avós que vos ensinen)  , e a outra parte onde cantaremos as coplas que vos adxunto. 
Na parte instrumental podedes tocar a melodía se dispoñedes de algún instrumento na vosa casa , si tedes algún familiar que tamén toque algún outro instrumento tamén pode participar. 

 

Como fago para gravarme ?

Moi sinxelo , adxúntovos dous audios de referencia , un só coa música e outro tamén ca letra . Debedes poñer uns cascos ou auriculares e cantar no tono e no tempo do audio e con outro dispositivo vos gravaredes en video . Por exemplo , si poño o audio no meu P.C. onde teño os auriculares , pódome gravar en video con un móbil.  O audio de referencia non debe sair na vosa gravación .  
Si o que queredes facer é bailar , podedes poñer o audio nuns altavoces para que non vos molesten os cables , pois ese audio non sairá na montaxe definitiva. 
 

A onde mando os meus videos ?? 

Enviádemos a  musicaceipoza@gmail.com      aquí me podedes facer as preguntas que queirades se vos queda algunha dúbida. 
 

Prazo : Ata o 10 de Maio 

Animádevos.

Música infantil

 

Bo día:

Déixovos estes enlaces de música.

Espero que vos guste.

Un saúdo e moito ánimo.

Pablo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A aula de música

Se queredes ver a nosa aula de música pinchade aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut