Skip to Content

ANPA

FOTOMONTAXE FESTIVAL DE NADAL

Deixámosvos a montaxe fotográfica elaborada co gallo do Festival de Nadal celebrado na biblioteca do centro o pasado 21 de decembro.

VIDEO RESUMO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23

 

Publicamos grazas á xentileza e dedicación dos membros da ANPA un vídeo resumo con imaxes das diversas actividades extraescolares organizadas polo Concello de Oza dos Ríos durante este curso académico. Aproveitamos para lembrarvos que estedes atentos durante este mes, xa que en breve sairá a data de matriculación para as actividades extraescolares do vindeiro curso.

 

TUTORIAIS DISFRAZ ENTROIDO

 

Aquí tedes en documentos adxuntos sendos arquivos PDF cos tutoriais para facer o disfraz de Entroido paso a paso.

 

Aproveitamos a ocasión para agradecer o traballo e dedicación dos membros do ANPA. A súa implicación e esforzo fixeron posibles estes tutoriais. Están dispoñibles o do gorro de peregrino, a capa e o vestido básico.

 

Asimesmo, desde a dirección do centro queremos agradecer ó Concello de Oza dos Ríos a súa colaboración coa doación dos materiais necesarios para elaborar os disfraces de todo o noso alumnado.

 

Por último, foron repartidos os packs cos materiais necesarios para elaborar o disfraz. O pack está composto de 2 bolsas de plástico, 1 patrón do gorro, 1 goma EVA, 1 cruz e 1 cuncha. Se vos falta algo no pack, pedídeo a vindeira semana na dirección do centro

 

Un saúdo

Venres 18 de febreiro 2022

FOTOS VISITA PAPA NOEL

 

Xa podedes ver as fotos da visita de Papa Noel ao centro. Podedes acceder a elas clicando no botón GALERÍA localizado na parte superior dereita desta páxina web. Unha vez dentro atoparedes as fotos clicando ALBUMS ----> ULTIMAS SUBIDAS. 

 

Durante os vindeiros días subiremos todas as fotos que temos do festival de Nadal así como videos das actuacións que levaron a cabo os nosos alumn@s.

 

Un saúdo

23 de decembro 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut