Skip to Content

Departamento de Orientación

Ata pronto!!

Queridas familias e alumn@ s, remata o mes de xuño e con el, este curso escolar cheo de cambios e novidades pero tamén de medos, incertidume e tristeza. Tristeza especialmente polo feito de ter que estarmos separados, tanto dous nosos familiares como d@s amig@s e compañeir@s. Pero unha nova etapa comeza, e dabondo demostrastes que vós, meniños e meniñas tendes a fortaleza necesaria para transformar o negativo vivido nunha “ nova normalidade” chea de ledicia e enerxía.
Gozade desta nova situación e dos días de vacacións que tendes por diante. Agora ven o bo, despois dun longo camiño de traballo e esforzo. Merecédelo!

E todos, grandes e pequenos, non vos esquezades de xogar, de sorrir, de soñar, de imaxinar e sobre todo de compartir a vida cos vosos seres queridos, exprimindo minuto a minuto cada momento xuntos.
Recargade pilas e desconectade porque á volta, en setembro estarémosvos esperando con moitas máis ganas que nunca de poder compartir convosco a nosa ilusión por reencontarnos, xuntos de novo.

 

Un bico enorme, Paula

 

RESILIENCIA NAS FAMILIAS

A resiliencia é a capacidade facer fronte ás adversidades da vida, transformar a dor nunha forza motora para superarse e saír fortalecidos/as. Unha persoa resiliente comprende que é arquitecta da súa vida e do seu propio destino.

Nesta ocasión,achégovos algúns consellos de como podedes axudar aos vosos/as fillos/as a desenvolvela. 

Recomendacións psicolóxicas para afrontar as saídas controladas

A volta non ten por que ser doada  e da mesma forma que os adultos, os/as nosos/as pequenos/as  poden presentar inseguridades e dificultades emocionais ante a nova situación das saídas controladas. Estas son algunhas das  recomendacións psicolóxicas  que o equipo de profesionais de Área Humana ofrecen para afrontar os paseos dos nenos e nenas. Espero que vos axuden no camiño que estamos a percorrer xuntos, ánimo!

 

 

10 consejos para padres sobre la salida de los niños a la calle

 

Consellos de cómo saír á rúa

Tras estes longos días de confinamento por fin poderedes saír á rúa, vos, nenos e nenas, porque demostrastes de sobra unha inmensa capacidade de adaptación e responsabilidade. Supoño que estaredes desexando saír e que teredes mil e unha emocións mesturadas:ledicia, ilusión, nerviosismo,... incluso un chisquiño de medo. Polo que, nesta ocasión, quérovos transmitir calma achegándovos un arquivo con algúns consellos sobre cómo facer esta ansiada saída do mellor xeito posible. Ánimo e non vos esquezades de gozar da liberdade. 

Recomendacións de pediatras e psicólogos infantís

Estimadas familias, nesta ocasión quero compartir convosco algunhas das recomendacións da Asociación Española de Pediatría e a Sociedade de Psiquiatría Infantil acerca da situación actual que estamos a experimentar a raíz da pandemia e consecuente confinamento nos nosos fogares.

Neste documento abórdanse diversas situacións de sentimentos e emocións que poden chegar a experimentar os vosos fillos e fillas nestes complexos días, así como pautas que poden axudar a afrontalas dende as familias. Asemade, contempla actividades recomendadas, oportunidades e consellos de saúde sobre as medidas de hixiene e prevención,e finalmente, actuacións en caso de infección polo Covid-19.

 Agardo que vos resulten útiles, unha aperta. Paula.

 

https://www.aeped.es/noticias/recomendaciones-sociedad-psiquiatria-infantil-ninos-y-sus-familiares-sobre-pandemia-sars-cov2

Libro e actividades: Amar en cuarentena

Xa pasou un mes de confinamento e son numerosas as propostas que se dedican a coidarvos, a vós, as familias, porque sodes as que agora estades a facer un gran traballo. Por iso, desde este departamento queremos achegar o noso graniño de area a este gran esforzo que estades a facer día a día.

Todos: equipos directivos, profesores, familias, alumnos e alumnas estamos a nos adaptar a esta nova situación que nos está tocando vivir… e peques, a cada un de vós botámosvos de menos.

Así que desde a nosa fiestra, que é esta páxina web, queremos favorecer unha actitude positiva que vos axude a mirar e a vivir co maior optimismo posible esta situación.

Para o que vos deixo unha ligazón onde se nos convida a explorar as emocións e sentimentos á vez que se reforza a lectoescritura, o razoamento, a creatividade,… Desde as editorial PALABRAS ALADAS S.L., que comparten material didáctico gratuíto, obséquiannos neste caso cun marabilloso libro coa súa correspondente proposta de actividades dirixidas ao alumnado desde os 3 ata os 12 anos.

https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html

  

Esperamos vervos pronto, mentres tanto, animo e fortaleza!!

Diario dunha cuartentena

A finalidade deste material é que os pequenos e pequenas poidan compartir convosco e expresar os seus sentimentos e preocupacións acerca da situación que están a vivir estes días.

Pautas nestes días de confinamento

Queridas familias, dende o departamento de orientación, achégasevos un documento con algúns consellos para levar mellor estes días de confinamento na casa cos vosos fillos e fillas que espero vos sirvan de utilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut