Bo dia:
Mañá abrirá o prazo para solicitar as axudas do comedor para os usuarios gratuitos e semigratuitos do mesmo (os que pagan 1€) según a Orde do 27 de marzo 2020, publicada hoxe no DOG.
Adxuntamos a información onde está explicado e procedemento a levar a cabo.
Para aquelas persoas que non teñan os mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede eléctronica da Xunta de Galicia (sistema de usuario e clave Chave365) podemos tramitalo no voso nome, como equipo directivo, si nos facilitades os datos requeridos para poder cumplimentar a solicitude e enviala de xeito telemático xa que durante esta semana e ata o día 9 de abril 2020 (como mínimo) NON HABERÁ NINGUÉN NO CENTRO EDUCATIVO seguindo o RDL do 29 de marzo 2020.
Os que dispoñan desta identificación o poden solicitar directamente na páxina da Chave365 no apartado de trámites-axudas, agradecendo que o fagan.
A data límite para a presentación das solicitudes é o 6 de abril 2020 pero a data límite para que sexa tramitada polo equipo directivo será o VENRES 3 DE ABRIL 2020 por mor da nosa organización.
Lembramos o correo do noso centro: ceip.oza.rios@edu.xunta.es
Non é preciso descargar e cubrir o anexo xa que se fai online, simplemente con escribir os datos no correo é suficiente.
- Nome e apelidos do pai/nai/titor/a legal.
- NIE/DNI.
- Direción completa.
- Tfno de contacto e correo electrónico.
- Datos bancarios (IBAN).
- Nome e apelidos do/s usuario/s do comedor.
Un saúdo.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30704