Skip to Content

Novas

APERTURA DE PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento  ED330B)

Data límite de entrega de instancias 21 de xuño, incluído.

Orde de fondo de libro

PREOCUPADOS POLO CAMBIO CLIMÁTICO

Tivemos a visita por iniciativa da Casa Grande de Xanceda dunha experta en cambio climático que mostrou aos rapaces os riscos e perigos que conlevan as malas prácticas cotiás en relación á conservación da saúde do planeta e como podemos contribuír ao seu coidado e mellora.

NOVOS CAPÍTULOS DE RADIO RUMOROZA

Presentámosvos os novos capítulos de radio Rumoroza. Por unha banda, A Mosca Chosca. Os alumnos e alumnas de 2º EP cóntannos con moita graza este conto a través da nosa radio escolar. Por outra, temos A Máscara do León, onde os rapaces e rapazas de 4º EP relatan ese conto porque "a risa ten maxía, rompe máscaras e tamén se contaxia"

ENTREGA DE AXENDAS DO CONCELLO

Como xa é costume, durante esta semana a representante do concello de Oza-Cesuras Pilar Rilo fixo entrega a todo o alumnado das axendas escolares para que poidan ser empregadas durante todo o curso académico. Unha vez máis, desexamos agradecer ao concello esta achega.

 

CALENDARIO ESCOLAR

 Festivos fixados polo Consello Escolar na reunión celebrada durante o día de hoxe:

 

  • Venres 13 de outubro 2023

  • Luns 20 de maio 2024

COMEDOR ESCOLAR 23-24

 A Consellería ven de publicar no día de hoxe a instrución sobre comedores escolares vixente para o curso 23-24. Debido a tardanza coa que este ano se fixo a publicación desta circular, comezaremos a recoller as solicitudes a partir do 1 de setembro. Durante a última semana do mes de agosto recibiredes unha mensaxe Abalar para recordarvos os días nos que poderedes recoller os impresos e entregalos no centro.

 

As nais/pais ou titores legais que desexen anotarse para ser colaboradores no servizo de comedor deben enviar un correo electrónico a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

 

Podedes consultar a instrución de comedores completa premendo AQUÍ

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A listaxe definitiva de axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar foi publicada no centro durante o día de hoxe. Está situada no taboleiro de anuncios enfronte á conserxería. Os cheques serán repartidos ás persoas adxudicatarias das axudas durante hoxe venres, luns 3 e martes 4 de xullo en horario de 10h a 13.30h.

VIDEOMONTAXE DESPEDIDA ALUMNADO 6º EP

 

Despedimos con moita tristura ao noso alumnado de 6º de EP que remata a súa etapa no centro. Un grupo estupendo de nenos e nenas, formado por boas persoas cun gran corazón que esperamos que teña todo o éxito do mundo no futuro. Deixámosvos un video montaxe na súa honra elaborado a través de Radio RumorOza. 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 

Segundo a Orde de 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, queda aberto o prazo ata o 21 de xuño para presentar as solicitudes. 

A forma de presentación poderá ser vía telemática ou presencial no centro. Quen precise os impresos en formato papel os poderá recoller na conserxeria do centro.

 

Para mas información, abride o seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1y9xXKl0Opdr1jfwvwrkYAEq9yQl-Fg8O/view?usp=sharing

Distribuir contido


by Dr. Radut