Skip to Content

CONCERTO

 

No día de onte tivemos a sorte de desfrutar do concerto do dúo de música folk Caamaño e Ameixeiras que durante máis de media hora tocaron variados temas de composición propia para todo o noso alumnado. Nun dos temas tiveron a colaboración especial de Jomil Sánchez e Nerea Sánchez que coas súas marabillosas voces fixéronlle os coros ás artistas invitadas.

 

Ademáis, tiveron a amabilidade de concederlle unha entrevista aos alumnos de Sexto de EP que proximamente será publicada no noso canal de Ivoox de Radio Rumoroza. 

 



page | by Dr. Radut