O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais.
A xornada, impartida pola garda civil, amosou os múltiples perigos que se agochan detrás dun uso incontrolado da Internet.
Tema este moi relevante, xa que as novas tecnoloxías ademais de seren unha boa ferramenta para coñecer e aprender, tamén hai que saber usalas.
Polo que ademais de explicarnos os riscos e perigos que podemos atopar pola rede, resolvéronnos todas as nosas dúbidas e inquedanzas.