Skip to Content

ESPECTÁCULO DE MONICREQUES

O pasado luns, dentro das actividades organizadas polo centro co gallo do Día da Paz, tivemos o pracer de recibir á contacontos Atenea García que presentou o seu espectáculo de monicreques "Estrafalaria" para os alumnos de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. Os rapaces puideron disfrutar dunha hora chea de diversión, risas e bos momentos.

 

PROXECTO ANUAL ESCOLAR DE CENTRO "ARQUITECTURAS DA MEMORIA"

Con esta entrevista comezamos o noso proxecto anual de centro que este ano chámase "Arquitecturas da Memoria" no que trataremos de recopilar testemuñas relacionadas co noso concello sobre diversos interesantes temas para máis tarde situalas nos lugares físicos citados valéndonos da aplicación dixital  "Arquitecturas da memoria". Próximamente contarémosvos como podedes baixala. A cousa promete.

Os primeiros capítulos que temos feito son estes:

Aldara, Saul e Oliver entrevistan a Manuel (Lolo). Na súa vida fixo de todo, dende labores agrarias e gandeiras, ata emigrar a Suiza e emprender un negocio aquí en Oza dos Ríos. Non o deixedes de escoitar.É imperdible.

Amigos¡ Escoitade o que nos conta Marisol. Non ten desperdicio.

Por outra banda, Herminda, a avoa do noso compañeiro Dani de 5º E. Primaria é, entre outras cousas, unha experta tecelana, e traballou moito na súa vida e coñece perfectamente os procesos para a elaboración artesanal de texidos a partir de liño e de lá de ovella. Non vos perdades o seu testimonio.

Maruja é unha muller forte, valente e traballadora. Dani, Carlota e Izan axiña se decataron cando comezaron a conversar con ela. Non deixes de escoitar as historias de Maruja, a nosa panadeira e visaboá de Izan, alumno de 6º E.P.

BELÉN ALUMNADO RELIXIÓN

Nova fotomontaxe, nesta ocasión con temática da elaboración do belén por parte do alumnado de relixión católica, que estivo exposto no centro e puido ser visitado por quen así o desexara. Foi elaborado na súa maior parte con elementos que tiñan a madeira como materia prima.

FOTOMONTAXE FESTIVAL DE NADAL

Deixámosvos a montaxe fotográfica elaborada co gallo do Festival de Nadal celebrado na biblioteca do centro o pasado 21 de decembro.

RADIO RUMOROZA

Nun novo episodio da nosa radio escolar Radio RumorOza, Manu, Irene, Nico, Cesar e Daniela, todos eles alumnos de 3º E. P., explícannos o significado de algúns refráns e rétannos a repetir o seu trabalinguas favorito.

DÍA DA DISCAPACIDADE

O pasado venres celebramos o Día da Discapacidade a través de diversos xogos nos que os alumnos se puxeron na pel de rapaces con diversas discapacidades experimentando os problemas reais respecto a situacións cotiás.

GALLETAS DE NAVIDAD

 Os nenos e nenas de Infantil fixemos galletas de Nadal. Mmmmmm....

EXPOSICIÓN VAN GOGH 6ºE.P.

O alumnado de 6º E. Primaria ven de facer unha exposición de cadros feitos por eles mesmos reproducindo obras do insigne pintor Vincent Van Gogh. Forma parte dun proxecto elaborado na materia de Plástica que incluirá aos pintores máis importantes da historia da pintura. As devanditas obras foron realizadas empregando a técnica de pintura pastel.

AS MELLORES VERBENAS DE GALICIA

Daniela, Mario, Inés e Dani, alumnos todos eles de 5º de Primaria, fan un breve repaso das que para eles son as mellores verbenas de Galicia. Si che vai a festa non deixes de escoitalos na nosa canle de podcast de Ivoox

ENTREVISTA A ARTAI RAVINDRANATH III

Novo capítulo publicado de Radio RumorOza

Distribuir contido


by Dr. Radut