Skip to Content

USO MÁSCARAS ESPAZOS AO AIRE LIBRE

 

O pasado venres 18, as Consellerías de Sanidade e Educación emitiron conxuntamente unha comunicación na que deixaban de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos. Polo que ao noso centro educativo respecta, non vai mudar nada. Aquel@s alumn@s que sigan desexando optar por non levar a máscara na hora do recreo poderán seguilo facendo como así foi ata agora. Evidentemente, tamén será posible conservar a máscara posta durante o recreo para os que así o creades conveniente.

 

O 14 de febreiro o equipo directivo deste centro tomou a decisión de suprimir o uso de máscaras nos espazos ao aire libre que ten a instalación tras recibir sendas circulares aclaratorias das medidas aplicadas polo Ministerio de Educación a nivel estatal. Lamentamos a confusión que a consellería provocou coa súa indefinición e a deficiente xestión a nivel comunicativo, evidenciando unha falla de liderado que deixou o peso destas decisións nas direccións dos centros.

 

21 de marzo de 2022

NOVIDADES PROTOCOLO COVID. MARZO 2022

 

Adxuntamos documentos enviados conxuntamente pola Consellería de Sanidade e de Educación respecto as novidades sobre a xestión de contactos estreitos no ámbito educativo por mor da COVID-19.

Pola nosa parte, seguiremos informándovos vía AbalarMobil cada vez que exista un caso na clase dos vos@s fill@s.

 

Un saúdo.

Mércores 9 de marzo 2022

 

ENTROIDO

 

Video con fotos da celebración do Entroido 2022 no centro. Inclúe fotos dos alumnos, tanto de Infantil como de Primaria.

ENTROIDO INFANTIL 2022

 

Festa e camiño...

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22/23

 

Lembramos que ata o día 21 DE MARZO (este inclusive) está aberto o PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO para o vindeiro curso 22/23 no CEIP de Oza dos Ríos.

 

As solicitudes poderán ser presentadas a través das seguintes opciones empregando o formulario ED550B:

-Cubrir a solicitude informáticamente na direccion web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e presentala asinada no centro.

-Cubrir a solicitude telemáticamente e asinala en Sede Electrónica a través da Chave 365 ou con certificado dixital.

-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada na Secretaria do centro.

Un saúdo

 

MECO. VENRES

 

Orde do Meco do venres.

MECO. XOVES

 

Esta é a orde do meco para o xoves.

MECO. MÉRCORES

 

Orde do meco para mañá mércores.

MECO. MARTES

 

Orde do meco para mañá martes

Distribuir contido


by Dr. Radut