Skip to Content

VIDEO DÍA DA DISCAPACIDADE

 

O pasado venres 2 celebramos no centro o Día da Discapacidade. Organizamos unha serie de actividades e circuitos de xogos para que os rapaces puideran poñerse na pel dunha persoa con algún tipo de discapacidade sensorial. 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

O pasado día 28 de novembro celebráronse as eleccións para representar a pais/nais no Consello Escolar do centro. Os resultados foros os seguintes:

 

-Eva Ares Vázquez 19 votos

-María de los Angeles Bra Carro 19 votos

-María Estela López Rocha 10 votos

-Romina Santo Mori 0 votos

 

Polo tanto, as candidaturas de Eva Ares Vázquez e María de los Angeles Bra Carro quedan escollidas como representantes do estamento de pais/nais no Consello Escolar do CEIP de Oza dos Ríos.

 

Mércores 30 de novembro de 2022

 

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Video elaborado polo alumnado de 4º E. Primaria co gallo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.

VIVA, VIVA¡¡¡ CONTO ANIMADO 6º EP

 

Viva, viva¡¡¡ é unha historia que sucedeu non hai moitos anos na aldea de Hórreos, na serra do Courel. Sechu Sende a escribiu e o alumnado de 6º de E. Primaria a gravaron e ilustraron. Agardamos que vos guste. 

 

CONTO "EU NON FUN" - 2º E.P.

 

Relato elaborado por todos os alumnos de 2º de E. Primaria. Eu non fun é un relato do autor Cristian Woolf

 

NOVOS PODCASTS DE RADIO RUMOROZA. 4º E.P.

 

Deixámosvos os novos podcasts elaborados polo alumnado do centro de Radio Rumoroza. Esperamos que os disfrutedes¡¡¡¡

 

OBRADOIRO DE COCIÑA EDUCACIÓN INFANTIL

 

Os nenos e nenas de Infantil fixemos un biscoito para Cocorico.

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

 

Nas últimas semanas o centro organizou diversas actividades para conmemorar a festividade de Samaín e do Magosto. Entre elas, destacamos o concerto do dúo Caamaño e Ameixeiras, a exposición de cabazas elaboradas polo alumnado, un Magosto celebrado no centro e unha serie de circuitos de actividades lúdicas cos que todos os rapaces disfrutaron enormemente.

 

Deixámosvos a continuación o montaxe elaborado para a ocasión.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

 

 

Betanzos, xunto cos concellos de Paderne e Oza-Cesuras, ven de poñer en marcha o servizo de atención temperá, o que permitirá que a veciñanza non  teña que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, ubicada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña.

A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Pódese acceder á información completa PREMENDO NA IMAXE.

 

NOVO CAPÍTULO RADIO RUMOROZA

 

Co gallo da visita do dúo de música folk Caamaño e Ameixeiras, publicamos un novo episodio do noso podcast cunha interesante entrevista a estas dúas fenomenais artistas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut