Skip to Content

Día da paz 2023

 

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, este luns 30 de xaneiro recibimos a visita do pai dunha alumna que pertence ao Club Colombicultura de Bergantiños.

 

Ademais de realizar unha exposición e achegarnos as particularidades destas aves que representan a paz, poidemos disfrutar da solta dunha destas pombas cunha mensaxe especial que levou até o seu fogar.

 

Somos moi afortunados ao poder desenvolver unha actividade tan enriquecedora para os/as nosos/as pequenos/as. Grazas Roberto por compartir esta experiencia connosco! 

Novo podcast dos/as alumnos/as de 4º E.P.

Compartimos novas actividades realizadas dende a aula de radio e enmarcadas dentro do Proxecto de Centro en relación ao coidado do medio ambiente. NATURIZO

OS INCENDIOS FORESTAIS A CONTAMINACIÓN DA ATMÓSFERA A CONTAMINACIÓN DOS MARES

Exposición de xoguetes reciclados

 

Prezadas familias, velaquí a exposición dos xoguetes reciclados que aportastes como graniño de area ao noso proxecto de centro que este ano xira en torno ao coidado e  protección do medio ambiente. Moitas grazas pola vosa colaboración! 

 

Novo podcast dos/as alumnos/as de 6º E.P.

 

 

Velaquí un novo video do alumnado de 6º de primaria do noso canal de Ivoox Radio Rumoroza

Xornadas de formación do profesorado

 

 

Aproveitando as recentes melloras no noso centro e posto que contamos cun espazo extaordinario como é a biblioteca, este foi o lugar elixido para reurnirnos conxuntamente  os profesionais de ambos centros do concello para compartir unha xornada de convivencia e formación en autorregulación emocional.

 

MONTAXE FOTOGRÁFICO FESTIVAL DE NADAL 2022

 

Deixámosvos a montaxe fotográfica elaborada co gallo da celebración do Festival de Nadal o pasado 22 de decembro. Aproveitamos a ocasión para agradecer enormemente a colaboración prestada pola ANPA, que coma todos os anos, botan unha man desinteresadamente para que todo poida sair da mellor forma posible.

 

ACTUACIÓN DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL

 

Nesta entrada podedes ver as actuacións dos alumnos de Educación Infantil durante o Festival de Nadal. Tamén hai unha montaxe fotográfica coa visita de Papa Noel ao noso centro.

 

 

FELICES FESTAS

 

Queremos aproveitar a ocasión para desexarvos unhas felices festas e os nosos mellores desexos para todos os membros da comunidade educativa do CEIP Oza dos Ríos. Facemos votos para que o vindeiro 2023 sexa un ano que responda a todas as vosas expectativas.

 

Por outra banda, con toda tristura do mundo, á volta das vacacións botaremos moitísimo en falta á nosa compañeira Celsa Tasende, que tras máis de 37 anos de servizo comezará a gozar dun máis que merecido descanso lonxe das aulas. Ten sido unha boa profesional e, sobre todo, unha maravillosa persoa. Querémoste moito, Celsa¡¡¡¡

BELÉN 2022

 

Como xa é tradicional, o alumnado da materia de relixión estivo a elaborar durante as últimas semanas o Belén do centro. O pasado venres e sabado foi posible visitalo nunha actividade aberta a todas as familias da comunidade educativa. Deixámosvos un video elaborado para a ocasión. Esperamos que vos guste e aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas felices festas.

 

RENOVACIÓN BIBLIOTECA

 

Durante os últimos meses, o equipo de biblioteca e animación á lectura do centro leva reformando e renovando a biblioteca coa intención de que volva a ser un punto referencial para incentivar a lectura entre o noso alumnado.

 

Ademáis de comprar novo mobiliario, reorganizar os espazos e, próximamente, mercar novos fondos bibliográficos, a intención do centro é ir incorporando actividades lúdicas que dinamicen o espazo por sí mesmo.

 

Queremos agradecer enormemente a axuda e boa disposición prestada polo concello de Oza-Cesuras e, nomeadamente, a Juan Seoane, traballador do concello, que grazas ao seu esforzo e dedicación fixo posible que a biblioteca luza tan ben neste momento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut