Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO 2021

 

MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Debido á situación que estamos a vivir, recomendamos a presentación a través da aplicación da Xunta de xestión das solicitudes de admisión:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Nesa enlace deberán seguir a ruta: SOLICITUDES- ADMISIÓN- CREAR. Unha vez feito isto pódese optar por:

- Imprimir o formulario e achegalo ao centro educativo no que queiran solicitar praza coma PRIMEIRA OPCIÓN.

- Se dispoñen do certificado dixital ou ben Chave365, poden presentalo directamente na Sede Electrónica que permite a propia aplicación.

 (VER ARQUIVO ANEXO DE COMO CUBRIR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA FACELO DE XEITO CORRECTO)

O emprego desta aplicación, con calquera das dúas opcións, permite ás familias consultar o estado da tramitación das solicitudes na mesma aplicaión utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:30h a 14:30h para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, sendo necesarios os seguintes requisitos:

- Imprescindible solicitar cita previa,  mediante email  ceip.oza.rios@edu.xunta.es ou no teléfono 881880910-0881880908.

-Para axilizar os trámites rogamos que veña todo xa cuberto e revisado (VER ARQUIVO DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN)

- Só poderá acudir unha persoa por alumno/a solicitante.

- Uso de xel desinfactante (a disposición para as familias na entrada/saída do centro)

- 1 bolígrafo por si houbera que correxir erros na solicitude.

A solicitude  deberá vir asinada por un dos dous proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio, aportando a resolución xudicial, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles.

Documentación necesaria: ver arquivo adxunto

Deberase presentar a documentación seguinte:

 

-      

CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO MUNICIPAL.

-      

FOTOCOPIA DO DNI DO NENO/A (de no telo, aportar fotocopia de todas as follas cubertas do libro de familia, xunto co orixinal)

-      

FOTOCOPIA DO DNI DOS PAIS

-      

FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS OBRIGATORIAS OU CERTIFICADO MÉDICO

-      

FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO NENO/A

-      

2 FOTOS TAMAÑO CARNET

-      

CERTIFICACIÓN DO DITAME DE DISCAPACIDADE (No caso de existir algunha discapacidade igual ou superior ao 33%)

-      

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE FAMILIA NUMEROSA (De darse o caso achegar orixinal)

 

 

 

 

No caso de que algún dos documentos arriba indicados xa fosen presentados no período de adscrición ao centro,  non será necesario presentalos de novo.

  

 

 

 

AdxuntoTamaño
COMO CUBRIR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN.pdf683.94 KB
Instruccións admisións curso 2020-2021.pdf593.49 KB
SOLICITUDE DE ADMISIÓN.pdf175.06 KB
documentación matrícula.doc27.5 KB


page | by Dr. Radut