Bo día:
Dende a área de E.Física vouvos mandar unha serie de recomendacións para pasar estes días na casa xa que parece que temos para longo.
O primeiro que vos pido é que o tempo que os mais pequen@s pasen diante da televisión ou de videoconsolas sexa o menor tempo posible. É un bo momento para xogar cos vosos fill@s na casa. Coidar a alimentación é fundamental xa que a actividade física que os mais pequen@s están a realizar estas semanas e moito menor. Comer moita froita e verdura!
É importante que, na medida do que cada un poida os vosos fill@s reciban uns 20 minuto ao día de luz solar para activar a vitamina D.
As familias que teñan xardín poden facer un pouco de exercicio fora todos os días, os que non dispoñan de xardín tamén poden moverse un pouco na casa…facer un pouco de movilidade articular,mover un pouco as pernas no sitio,facer estiramentos será moi beneficioso para todos eles/as.
En internet temos a nosa disposición moitos videos con actividades lúdicas para facer tanto en grandes espacios coma en espacios reducidos. Eu vos mando tamén uns enlaces de Ioga que ainda que menos coñecidos son moi beneficiosos e fáciles de facer en calquera vivenda.
Sen máis , quero despedirme mandando unha mensaxe de ánimo a tod@s os alumn@s e unha aperta moi grande!!
Pronto volveremos a vernos!!
Juan.