Skip to Content

Novas

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 27 ao 30 de abril 2020.

Estimadas familias:

Recordade que para encontrar o traballo dos vosos fillos debedes de premar no curso correspondente para encontrar as tareas recomendadas para esta semana.

Se tedes algunha dúbida e/ou solictar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 20 ao 24 de abril 2020.

Estimadas familias:

Neste apartado poderedes encontrar as actividades para @s alumn@s de Educación Infantil e de Educación Primaria que asistían á aula de Audición e Linguaxe.

Para protexer as identidades d@s alumn@s que asisten a esta especilidade titulei cada documento por curso, de maneira que cada familia, segundo o curso do seu fill@ poderá descargar a actividade que lle corresponde.

Son actividades de repaso do primeiro e segundo trimestre que publicarei semanalmente e que, por suposto, son de carácter voluntario.

Se tedes algunha dúbida e/ou solicitar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

 

Silvia Abella.

 

SERVIZO DE IMPRESIÓN DO CONCELLO OZA

QUERIDAS FAMILIAS:

Coa fin de que podades imprimir material para os vosos nenos, o Concello de Oza puxo en marcha esta iniciativa. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Moito ánimo.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN SOBRE A 3ª AVALIACIÓN

Queridas familias:

Mentres seguimos á espera de instrucións máis precisas por parte da Consellería, continuaremos enviando material para os nenos como fixemos ata o momento, tendo en conta que esta 3ª avaliación será de REPASO, CONSOLIDACIÓN E RECUPERACIÓN do traballo da 1ª e 2ª, según a comparecencia da Ministra de Educación o pasado 15 de abril.

Estar atentos ao novo material que os titores os farán chegar e as novas que imos publicando nesta web.

Esperando que o levedes o mellor posible

Un saúdo

A dirección.

COMUNICADO EN RELACIÓN ÁS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN CO INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

ESTIMADAS FAMILIAS:

Estamos a expensas de que a Consellería de Educación dite as instrucións para dar continuidade a este terceiro trimestre.

Mañá mércores 15 de abril 2020 está prevista unha reunión na que participan o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas nas que coordinarán as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento deste trimestre e dictarán as instrucións que procedan.

En canto nos fagan saber ditas instrucións, os membros do claustro do CEIP Oza dos Rios programaremos o terceiro trimestre e farémosvos chegar as directrices de traballo, dado que, polo momento, non dispoñemos de ningún tipo de instrución de como continuar co noso traballo, agás que seguirán as clases non presenciais.

 

Esperamos que estedes todos ben e moito ánimo.

Un saúdo.

A direción.

 

 

 

CUALIFICACIÓNS DA 2° AVALIACIÓN

ESTIMADAS FAMILIAS:

INFORMAMOSVOS QUE XA ESTÁN PUBLICADAS AS NOTAS DESTA 2° AVALIACIÓN NA APLICACIÓN ABALARMOBIL. SI ALGUÉN TEN PROBLEMAS COA APLICACIÓN,  DEIXADE O NOME DO ALUMNO/A E UN EMAIL DE CONTACTO NO CORREO DO CENTRO. ceip.oza.rios@edu.xunta.es

 

ÁNIMO E UN SAÚDO. 

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

BO DÍA:

INFORMAMOS QUE A DATA DE PUBLICACIÓN DAS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN NO ABALARMOBIL SERÁ O DÍA 6 DE ABRIL 2020.

ÁNIMO NESTES DÍAS E UN SAÚDO.

RECOMENDACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. DESCARGA APP ABALAR MÓBIL

ESTIMADAS FAMILIAS:

DEBIDO Á SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR E A NECESIDADE DE COMUNICACIÓN ENTRE O CENTRO E AS FAMILIAS, A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONTA DUNHA APP CHAMADA ABALAR MOBIL QUE A FACILITA.

PREGÁMOSVOS QUE A INSTALEDES XA QUE AS FAMILIAS QUE DESCARGUEN ABALARMÓBIL VAN A PODER DISPOÑER DAS SEGUINTES FUNCIONALIDADES:

 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
Aqúi tedes o enlace para poder aceder e tamén déixovos a guía de utilización no arquivo adxunto (tamén o encontraredes na web da xunta)

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut