Skip to Content

Actividades

PRESENTACIÓN TERRIÑA

 

Durante o día de onte puxemos en marcha o proxecto anual de centro que nesta ocasión estará centrado no cambio climático e en todos os problemas ligados á conservación do noso planeta. Para elo, presentamos a todo o alumnado á mascota que será a protagonista de todas as accións que se leven a cabo durante este curso: Terriña.

Como punto de partida, onte se lle contou ao alumnado a historia do Capitán Verdemán e os rapaces compuxeron unha canción ao respecto que cantaron co motivo da presentación da mascota do centro.

 

ALUMNADO DE 6º E.P. TOMAN PARTE NO CONCURSO DE PODCASTS DO NEW YORK TIMES

 

Os rapaces de 6º de E.P. veñen de rematar un podcast en lingua inglesa de 5 minutos de duración co que van a tomar parte nun concurso de podcasts organizado polo prestixioso diario The New York Times. Neste audio, o alumnado mostra ao resto do mundo o lugar onde viven, os lugares máis destacados da vila de Betanzos, e sobre todo, a súa mítica tortilla e os trucos para poder facela.

Queremos agradecer a asistente de idiomas Mariah Usegglio a súa colaboración e dedicación tanto para facer este podcast como o seu excelente traballo desenvolvido con todos os alumnos do centro durante este curso.

Este podcast forma parte da programación de Radio RUMORoza e podedes escoitalo clicando AQUI

COÑECENDO A ENKI E AOS SEUS MEMBROS

 

O pasado mes de abril vivimos unha experiencia cos membros do proxecto Enki, una asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a inclusión das persoas con diversidade funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da deportiva non competitiva.

 

Con posterioridade a esta experiencia en Acea de Ama, os seus membros visitáronnos na nosa escola para facer unha interesante charla sobre todas as actividades que teñen postas en marcha.

 

ESTREA RADIO RUMORoza

 

Estimadas familias:

 

Estamos moi ledos de contarvos que acabamos de arrincar un novo proxecto educativo moi emocionante. Trátase de Radio RumorOZA, a nosa nova canle de Podcast.

O alumnado creará e compartirá con todos vós pequenos programas de temáticas moi diversas: entrevistas, programas de investigación, contos, pequenas pezas teatrais... Todo canto se pase polas nosas cabeciñas, que son moitas e moi inxeniosas.

Para escoitarnos só tedes que descargar neste enlace a APP Ivoox nos vosos dispositivos e subscribirvos a Radio RumorOZA. Neste link, poderedes escoitar o primeiro programa de presentación da nosa nova radio. Escoitádenos, esto promete¡¡¡

 

 

 

MECO. VENRES

 

Orde do Meco do venres.

MECO. VENRES

 

Orde do Meco para o venres.

 

MECO. XOVES

 

Esta é a orde do meco para o xoves.

MECO. MÉRCORES

 

Orde do meco para mañá mércores.

MECO. MARTES

 

Orde do meco para mañá martes

TUTORIAIS DISFRAZ ENTROIDO

 

Aquí tedes en documentos adxuntos sendos arquivos PDF cos tutoriais para facer o disfraz de Entroido paso a paso.

 

Aproveitamos a ocasión para agradecer o traballo e dedicación dos membros do ANPA. A súa implicación e esforzo fixeron posibles estes tutoriais. Están dispoñibles o do gorro de peregrino, a capa e o vestido básico.

 

Asimesmo, desde a dirección do centro queremos agradecer ó Concello de Oza dos Ríos a súa colaboración coa doación dos materiais necesarios para elaborar os disfraces de todo o noso alumnado.

 

Por último, foron repartidos os packs cos materiais necesarios para elaborar o disfraz. O pack está composto de 2 bolsas de plástico, 1 patrón do gorro, 1 goma EVA, 1 cruz e 1 cuncha. Se vos falta algo no pack, pedídeo a vindeira semana na dirección do centro

 

Un saúdo

Venres 18 de febreiro 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut